Conversa:Juan Armada Valdés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alcalde de Santiago?[editar a fonte]

O artigo está dentro da cat. de alcaldes de Santiago pero non di en que anos o foi. Xas, cando teñas un momento, podes mirar se está correctamente categorizado? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 07:50 (UTC)[responder]

A categoría Alcaldes de Santiago púxolla Castelao, non sei cales serán as fontes... --Xas (conversa) 9 de maio de 2018 ás 09:47 (UTC)[responder]

Mírovo-lo e dígovos. Un saúdo--Castelao (conversa) 9 de maio de 2018 ás 10:01 (UTC)[responder]

Polo que vexo é un erro meu na transcrición dos meus apuntamentos. O que foi alcalde-presidente 2º interino tras ser disolta a Xunta Revolucionaria de Santiago o 20 de outubro de 1868 foi Ramón Sanjurjo Pardiñas, quen o era cando menos o 19 de xuño de 1869. Na disolución da devandita Xunta participaron Juan Armada Valdés (como presidente dunha comisión ad hoc), Zepedado, Pablo Zamora e Escribano, entre outros. O problema é que estas notas son o pouco que puiden salvar cando se fundiu hai uns meses o meu disco duro, polo que a carpeta onde estaban as fontes, perdinna. Tería que volver buscar todas as fontes. A meirande parte delas viñan das hemerotecas dixitais de Galiciana, do BNE e da BVPH-MEC, completadas con consultas ao AHUS e bibliografía xeral. De momento, vou quitar a referencia de xuño de 1869 na listaxe dos Alcaldes de Santiago de Compostela, así como a categoría neste artigo. Este período de tempo do Sexenio Revolucionario merece que sexan miradas as actas do Concello no AHUS para extraer os datos con máis exactitude. Perdoade a confusión e o feito de que agora non sexa capaz de ser máis preciso. Grazas polo aviso e un saúdo!--Castelao (conversa) 9 de maio de 2018 ás 10:46 (UTC)[responder]

Non te preocupes Castelao, grazas por amañar os artigos, unha mágoa que perderas as túas referencias, a ver se alguén pode achegar a información máis adiante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:09 (UTC)[responder]