Miguel Gil Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Gil Casares
Miguel Gil Casares 1922.jpg
Nacemento 22 de setembro de 1871
  Santiago de Compostela
Falecemento 12 de abril de 1931
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Central
Ocupación médico, catedrático de universidade, tradutor e investigador
editar datos en Wikidata ]

Miguel Gil Casares, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1871 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1931[1], foi un médico e catedrático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do catedrático de Ciencias Ramón Gil Villanueva e neto do químico Antonio Casares Rodríguez, amais de irmán do avogado e político Felipe Gil Casares.

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1894 doutorouse coa tese De hematocele yuxta-uterino , e en 1897 gañou a oposición á cátedra de Pediatría. Despois pasou á de Clínica médica e á de medicina interna. Foi un dos pioneiros da loita contra a tuberculose en Galicia. Foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela entre o 10 de febreiro de 1921 e 1923[2].

Desde a súa inauguración en 1961 dá nome ao Hospital Gil Casares.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Casou con Joaquina Armada Losada, irmá do marqués de Figueroa, Juan Armada Losada, da que tivo cinco fillos: Juan, Ramón, María del Pilar, Bernardo e Joaquín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Excmo. Señor Don Miguel Gil Casares [...] (necrolóxica)". El Eco de Santiago (en castelán). 11-4-1931. 
  2. "GIL CASARES, MIGUEL". Senado de España (en castelán). Consultado o 3-3-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]