Saltar ao contido

Juan Alonso Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Alonso Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Setados, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Tenorio, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7281

Juan Alonso Pérez, nado en Setados (As Neves) o 29 de maio de 1904[1] e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi mestre na Ribela (Cangas, Foz) (1927-1930). En 1930 trasladouse a Arbo onde foi mestre durante a República. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). A muller e as fillas emigraron a Río de Xaneiro.[2] En outubro de 1937 foi separado do servizo e baixa do posto de mestre.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 88. 
  2. Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]