Joyland (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joyland
Ficha técnica
Título orixinalجوائے لینڈ
DirectorSaim Sadiq
Produtor
Guión
  • Saim Sadiq
  • Maggie Briggs
MúsicaAbdullah Siddiqui
FotografíaJoe Saade
Montaxe
  • Saim Sadiq
  • Jasmin Tenucci
Estudio
  • All Caps
  • Khoosat Films
  • Diversity Hire Ltd.
  • One Two Twenty Entertainment
  • Blood Moon Creative
  • NNB Digital Media
  • Film Manufacturers Inc.
  • Astrakan AB
  • Noruz Films
  • Vidhi Films
DistribuidoraFilm Constellation
EstreaFestival de Cannes: 23 de maio de 2022
Duración126 minutos
Orixe Paquistán
XéneroDrama
Recadación1 128 464 dólares[1][2]
Na rede
IMDB: tt19719976 Filmaffinity: 543896 Allocine: 303688 Rottentomatoes: m/joyland_2022 Metacritic: movie/joyland Editar o valor em Wikidata

Joyland (en urdú: جوائے لینڈ) é un filme paquistaní de 2022 escrito, dirixido e coeditado por Saim Sadiq, no seu debut como director.[3] Está protagonizado por Ali Junejo, Rasti Farooq, Alina Khan, Sarwat Gilani e Salmaan Peerzada. Ambientado na cidade de Lahore, Joyland céntrase na familia de clase media Rana, encabezada por un patriarca ancián (Peerzada) que anhela o nacemento dun neto. Obriga á súa nora Mumtaz (Farooq) a deixar o seu traballo despois de que Haider (Junejo), o seu fillo máis novo e marido de Mumtaz, atopa traballo nun teatro de danza erótica. Porén, as complicacións xorden cando Haider se namora de Biba (Khan), unha bailarina transxénero.[4]

Joyland estreouse internacionalmente no Festival de Cannes o 23 de maio de 2022, converténdose no primeiro filme paquistaní en estrearse neste festival de cinema. Proxectouse na sección Un Certain Regard, onde competiu pola Caméra d'Or.[5] O filme recibiu unha grande ovación tras a súa proxección[6] e gañou o Premio do Xurado do festival,[7] así como o premio Queer Palm ao mellor filme de temática LGBTQ.[8]

Despois de ser prohibido inicialmente para a súa estrea en cinemas de Paquistán, Joyland foi aprobado para a súa estrea con pequenos cortes, estreándose no país o 18 de novembro de 2022,[9] e recibiu polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Foi escollido como candidato de Paquistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[10] e o 21 de decembro de 2022 converteuse no primeiro filme paquistaní en clasificarse na lista curta de decembro.[11]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joyland (2022)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2023. 
  2. "Joyland (2022)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2023. 
  3. Mustafa, DJ Kamal (2022-12-05). "Pakistani cinema and television highlights LGBTQ, intersex issues". Washington Blade: LGBTQ News, Politics, LGBTQ Rights, Gay News (en inglés). Consultado o 2022-12-06. 
  4. Barraclough, Leo (11 de maio de 2022). "Cannes' Un Certain Regard Title 'Joyland' Swooped on by Condor in France (Exclusive)". Variety (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  5. Scott Roxborough (14 de abril de 2022). "David Cronenberg, Park Chan-wook, Kelly Reichardt Set for Cannes Competition". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  6. "Cannes film festival gives standing ovation to Pakistani feature film 'Joyland': Watch". The News. 24 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  7. Christian Zilko (27 de maio de 2022). "Cannes Un Certain Regard Winners: 'The Worst Ones' and 'Joyland' Take Top Prizes". IndieWire (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2022. 
  8. "Pakistani trans drama 'Joyland' wins 'Queer Palm' as Cannes film festival accused of 'cold-shouldering' the LGBTIQ+ award". SBS (en inglés). 28 de maio de 2022. Consultado o 28 de maio de 2022. 
  9. Narang, Gaurvi (6 de outubro de 2022). "Pakistan's Oscar entry has Malala backing but fate of transgender Act tells a different story". The Print (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  10. "'Joyland' is Pakistan's entry for Oscars 2023". The Express Tribune. 30 de setembro de 2022. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  11. "Joyland becomes Pakistan's first film to make it to the Oscar shortlist". Dawn Images. 22 de decembro de 2022. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  12. Ramachandran, Naman (21 de maio de 2022). "Cannes Title 'Joyland' Celebrates Pakistan's Transgender Culture". Variety (en inglés). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  13. "Pakistan's first Cannes film a 'dream come true'". Arab News (en inglés). 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]