Saltar ao contido

José Ramón Amedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Amedo
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1918 Editar o valor en Wikidata
Cerceda, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Actividade
Ocupacióntirador Editar o valor en Wikidata
DeporteTiro deportivo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Amedo Fouce Editar o valor en Wikidata

José Ramón Amedo Fernández, nado en Cerceda (O Corgo) o 21 de xuño de 1918 e finado o 30 de maio de 2010, foi un policía e deportista galego, que competía en tiro deportivo. Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na parroquia de Cerceda, no concello lucense do Corgo en 1918, sendo fillo dun membro do corpo dos somatén. Dende neno sentiu atracción polas armas e adoitaba a construír escopetas con tubos de paraugas, mechas e pólvora.[1] Co estalido da guerra civil foi mobilizado e destinado á fronte de Teruel e a Cataluña. Ao remate da contenda entrou no Parque Móbil do Estado como chofer ata que ingresou no Corpo de Policía.[1]

Destinado en Bilbao levou consigo á súa familia, e traballou na cidade vasca ata un ano antes da súa xubilación, cando foi destinado a Lugo. Comezou a practicar tiro deportivo nos anos 50 en Bilbao, e proclamouse en numerosas ocasións campión de España en modalidades de arma curta.[1] Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, rematando no posto 33º de pistola libre 50 m, proba na que resultou vencedor o soviético Grigorii Kosykh.[2] Como experto en armas participou como perito en numerosos xuízos.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai do tamén policía José Amedo, implicado no terrorismo de Estado contra ETA, como membro destacado dos GAL. A finais dos anos 80 e comezos dos 90 recibiu atención dos medios en España debido ao procesamento do seu fillo José Amedo, implicado no terrorismo de Estado contra ETA.[1][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "La pasión por las armas del padre del subcomisario Amedo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de marzo de 1989. p. 72. 
  2. "Pistola libre 50 m nos Xogos Olímpicos de 1968". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  3. "El procesado asistió al entierro de su abuela, confirman vecinos de Cerceda". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 1991. p. 10.