Saltar ao contido

José López Ortiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé López Ortiz
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1898 Editar o valor en Wikidata
San Lorenzo de El Escorial, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa do Sacramento de Madrid Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
18 de febreiro de 1969 –
Vigário Militar da Espanha (pt) Traducir
18 de febreiro de 1969 – 25 de maio de 1977
← Luis Alonso Muñoyerro (pt) TraducirEmilio Benavent Escuín →
Arcebispo titular
18 de febreiro de 1969 – 4 de marzo de 1992
Diocese: Titular See of Gradum (en) Traducir
Bispo de Tui-Vigo
1959 – 18 de febreiro de 1969
← sen valor – José Delicado Baeza →
Bispo de Tui
10 de xullo de 1944 – 1959
← Antonio García y GarcíaSupresión do cargo →
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1944–), sacerdote católico (1922–), xurista, historiador do dereito, arabista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrde de Santo Agostiño Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGaetano Cicognani Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1724514 Dialnet: 1817863

José Ángel López Ortiz, O.S.A., nado o 10 de xullo de 1898 en San Lorenzo de El Escorial (provincia de Madrid, España) e finado o 4 de marzo de 1992 en Madrid, foi un relixioso católico latino, arabista e historiador do dereito. Foi bispo de Tui entre 1944 e 1969, e posteriormente arcebispo castrense até 1977.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

José Ángel López Ortiz naceu o 10 de xullo de 1898 en San Lorenzo de El Escorial (entón na provincia de Madrid), fillo de José María López Trevilla e de Leonor Ortiz Carjón. Estudou no Instituto Cardenal Cisneros e o 2 de abril de 1918 profesou na Orde de Santo Agostiño. O 17 de setembro de 1922 foi ordenado sacerdote da súa orde polo tamén agostiño Bernardo Martínez Noval, bispo de Almería. Comezou entón estudos de Dereito na Universidade Central de Madrid, licenciádose en 1925 e doutorándose en 1931 coa tese "La recepción de la escuela malequí en España". En 1934 gañou por oposición a cátedra de Historia do dereito da Universidade de Santiago de Compostela, mais ao ano seguinte se trasladou Madrid como auxiliar na Universidade Central.

En 1936, co estoupido da guerra civil, foi detido por milicianos xunto co resto de freires do mosteiro do Escorial. Foi trasladado ao cárcere de santo Antón, en Madrid; a maioría dos seus irmáns foron asasinados en Paracuellos, mais López Ortiz salvou a vida grazas ao seu coñecemento da lingua árabe e ao ser reclamado por Wenceslao Roces.[1] A comezos de 1937 pediu asilo na embaixada de Romanía, onde permaneceu até o remate da guerra.[2]

O 10 de xullo de 1944 foi nomeado bispo de Tui. Recibiu a consagración episcopal o 21 de setembro, de mans do nuncio Gaetano Cicognani, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo auxiliar de Madrid Casimiro Morcillo e ao bispo de Astorga Jesús Mérida Pérez. Como bispo de Tui foi padre conciliar no Concilio Vaticano Segundo, participando nas catro sesións.

O 18 de febreiro foi nomeado arcebispo titular de Gradum e ordinario militar de España. Permaneceu no cargo até o seu retiramento o 28 de maio de 1977, con case 79 anos. Finou o 4 de marzo de 1992 en Madrid.[3]

  • Derecho musulmán. Barcelona: Editorial Labor. 1932. 
  1. Gómez Mendoza, Josefina (2008). La Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas y los académicos de la historia. Real Academia de la Historia. p. 92. ISBN 9788496849426. 
  2. Galindo Aguilar, Emilio (2004). Enciclopedia del islam. Darek-Nyumba. p. 289. ISBN 9788488059222. 
  3. "NECROLÓGICAS. José López Ortiz, obispo dimisionario de Tuy-Vigo y ex vicario general castrense". El País. 6 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pasamar, Gonzalo; Peiró, Ignacio (2002). "López Ortiz, José Ángel (Fray José López Ortiz, OSA)". Diccionario Akal de Historiadores Españoles Contemporáneos (1840-1980) (en castelán). Madrid: Akal. pp. 363–364. 
  • Peláez, Manuel J., ed. (2005). Diccionario crítico de juristas españoles, portugueses y latinoamericanos (hispánicos, brasileños, quebequenses y restantes francófonos). I (A-L). Universidade de Málaga. p. 493. ISBN 9788460939498.