Arcebispado castrense de España
| Arzobispado Castrense de España (es) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Poboación | ||||
| Lingua usada | lingua castelá | |||
| Relixión | Igrexa católica latina | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 504.645 km² | |||
| Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
| Santo padrón | Inmaculada Concepción e Xoán de Capistrano | |||
| Catedral | Igrexa do Sacramento de Madrid | |||
| Sitio web | arzobispadocastrense.com | |||
O arcebispado castrense de España ou ordinariato militar de España (latín: Ordinariatus Militaris Hispaniae) é unha circunscrición eclesiástica da Igrexa católica en España. Encárgase de proporcionar atención pastoral aos católicos que serven nas Forzas Armadas de España e ás súas familias. Trátase dun ordinariato militar latino, inmediatamente suxeito á Santa Sé. Desde o 15 de novembro de 2021 o seu ordinario militar é o arcebispo Juan Antonio Aznárez.
Territorio e organización
[editar | editar a fonte]O ordinariato militar ten xurisdición persoal peculiar ordinaria e propia sobre os fieis católicos militares de rito latino (e outros fieis definidos nos estatutos), mesmo se se achan fóra das fronteiras do país, pero os fieis continúan sendo fregueses tamén da diocese e parroquia da que forman parte por razón do domicilio ou do rito, pois a xurisdición é cumulativa co bispo do lugar. Os cuarteis e os lugares reservados aos militares están sometidos primeira e principalmente á xurisdición do ordinario militar, e subsidiariamente á xurisdición do bispo diocesano cando falta o ordinario militar ou os seus capeláns. O ordinariato ten o seu propio clero, pero os bispos diocesanos cédenlle sacerdotes para levar adiante a tarefa de capeláns militares de forma exclusiva ou compartida coas dioceses. O ordinariato militar está ao servizo dos fieis (e as súas familias) das Forzas Armadas, así como tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Segundo o Estatuto do ordinariato militar o ordinario militar debe ser un arcebispo.
A sede do ordinariato militar atópase na cidade de Madrid, onde se acha a Catedral do Sagramento.
En 2023 no ordinariato militar existían 238 parroquias. O arcebispado castrense está organizado en seis vigairías, correspondentes ás tres polas das Forzas Armadas: Exército de Terra, Armada e Exército do Aire e do Espazo, así como tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: Garda Civil, Policía Nacional e Ministerio de Defensa.
- Algunhas igrexas relacionadas
- Igrexa parroquial castrense de Santa María da Dehesa, en Madrid;
- Igrexa de San Fernando, en Zaragoza;
- Igrexa de San Domingos, en Cartaxena;
- Parroquia castrense de Barcelona;
- Igrexa castrense de San Francisco, en Ferrol;
- Convento de Santo Domingo, en Valencia;
- Igrexa castrense de Santa Margarita, en Palma de Mallorca;
- Capela A Pastora, en Sevilla;
- Parroquia castrense Nosa Señora de Loreto, no barrio Ciudad del Aire (Alcalá de Henares), en Madrid;
- Igrexa da Base Aérea de Torrejón de Ardoz, en Madrid;
- Parroquia da Armada, en Madrid;
Parroquia vaticana e castrense de San Francisco de Asís, en San Fernando.
Desde a erección do arcebispado castrense, os sacerdotes que superen a oposición, pasan a ser capeláns castrenses formando parte do Servizo de Asistencia Relixiosa nas Forzas Armadas (SARFAS). Os capeláns, non son militares como tal, senón que teñen consideración de militares, concretamente asociados e con equivalencia á escala de oficiais. Pero tendo os mesmos dereitos que os oficiais.
Colexio Sacerdotal Castrense «San Xoán Paulo II»
[editar | editar a fonte]

O arcebispado castrense de España conta cun seminario para formar os seus futuros sacerdotes/capeláns: o Colegio Sacerdotal Castrense San Juan Pablo II. Localizado en Madrid, contaba durante o curso 2017-2018 con 17 seminaristas. O seminario conta con 7 cursos: o propedéutico (engadido ao plan de estudos a partir do curso 2024/2025) consiste nun ano de discernimento e formación básica eclesiástica e militar, e 5 cursos universitarios, dous de filosofía e tres de teoloxía, que é o bacharel en teoloxía (con equivalencia a un grao universitario civil), recibidos na Universidade Eclesiástica San Dámaso, en Madrid. O sétimo curso consiste en facer pastoral nalgunha das parroquias castrenses ou academias das FFAA. A licenciatura eclesiástica «máster» (obrigatoria para capelán permanente) conta con dous ou tres cursos extra, dependendo da especialidade, máis a tese de licenciatura, de seis meses a un ano. Que xeralmente se estuda sendo xa capelán temporal e compaxinándoo co traballo.
Historia
[editar | editar a fonte]O foro militar xa existía en España no primeiro terzo do século XVI e foi progresivamente regulado durante os séculos XVI e XVII. Herdeiro dos sacerdotes, bispos e outros relixiosos que asistían ao persoal militar dos reinos españois, nos primeiros anos de 1700 unificouse baixo un vicariato xeral, sendo nomeado primeiro vigairo xeral Carlos de Borja y Centellas, quen posteriormente tamén foi nomeado patriarca das Indias Occidentais. Estas concesións pontificias estaban limitadas pola territorialidade e a temporalidade, polo que a primeira circunscrición militar católica especificamente castrense, permanente e exenta foi concedida «para a atención agora e no futuro dos soldados e demais persoas dos exércitos de Filipe IV, rei das Españas» polo papa Inocencio X o 26 de setembro de 1645 mediante o breve Cum Sicut Maiestatis Tuae. O papa Inocencio X ampliou as concesións mediante o breve Quoniam in exercitibus do 4 de febreiro de 1736, creando a figura de capelán maior con xurisdición sobre os exércitos de Terra e da Armada, co dereito de subdelegar as facultades concedidas a un vigairo investido da dignidade episcopal.
A petición do rei Carlos III, mediante o breve Apostolicae benignitatis do 14 de marzo de 1764, o papa Clemente XIII uniu o título de patriarca das Indias Occidentais ao de vigairo xeral do Exército e capelán maior da Armada, ao mesmo tempo que estendía a xurisdición ademais dos militares a aquelas persoas que por causa lexítima os acompañasen ou seguisen nas campañas. A partir dese momento, todos os ordinarios militares tiveron o título de «patriarcas» ata a supresión do ordinariato militar español en 1933. Outro breve sobre a xurisdición eclesiástica militar española foi emitido polo papa Clemente XIII o 14 de marzo de 1764.
Outro breve sobre a xurisdición eclesiástica militar española foi emitido polo papa Pío VII o 12 de xuño de 1807, valedoiro por sete anos e que foi prorrogándose ininterrompidamente ata 1926.
O concordato entre España e a Santa Sede de 1851 mantivo a figura do vicariato castrense.
Vacante desde 1930, durante os últimos anos da Segunda República anulouse a xurisdición relixiosa no ámbito militar, cesando ao entón bispo castrense e patriarca Ramón Pérez Rodríguez. O vicariato militar foi suprimido pola Santa Sé o 30 de marzo de 1933. Non foi restituído plenamente ata o 5 de agosto de 1950, sendo confirmado no concordato entre España e a Santa Sé de 1953, sobre a base dun acordo estipulado en Roma entre a Santa Sé e o Goberno español.
Xa en plena transición democrática, acordouse un novo concordato en 1979 que mantivo a figura e en 1990 creouse o Servizo de Asistencia Relixiosa nas Forzas Armadas, recollendo legalmente a denominación de arcebispado castrense, posto que desde 1951 o seu titular posuía categoría de arcebispo.
Mediante a promulgación da bula Spirituali Militum Curae polo papa Juan Pablo II o 21 de abril de 1986 os vicariatos militares foron renomeados como ordinariatos militares ou castrenses e equiparados xuridicamente ás dioceses. Cada ordinariato militar réxese por un estatuto propio emanado da Santa Sé e ten á súa fronte un bispo ordinario nomeado polo papa tendo en conta os acordos cos diversos Estados.
Os estatutos do arcebispado castrense de España foron aprobados pola Congregación para os bispos o 14 de novembro de 1987.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Bispos militares
[editar | editar a fonte]- Jaime Cardona Tur (1892 – 1923, finado)
- Ramón Pérez Rodríguez (1929 – 1930, transferido ao patriarcado das Indias Occidentais)
Vigairos militares
[editar | editar a fonte]- Luigi Alonso Muñoyerro (1950 – 1968, finado)
- José López Ortiz, O.S.A. (1969 – 1977, retirado)
- Emilio Benavent Escuín (1977 – 1982, renuncia)
- José Manuel Estepa Llaurens (1983 – 2003, retirado)
Ordinarios militares
[editar | editar a fonte]- Francisco Pérez González (2003 – 2007, transferido á arquidiocese de Pamplona e Tudela)
- Juan del Río Martín (2008 - 28 de xaneiro de 2021, finado)
- Juan Antonio Aznárez Cobo (nomeado o 15 de novembro de 2021)
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Para ser capelán nas FFAA e ingresar no SARFAS hai que aprobar unha oposición, dirixida por un tribunal eclesiástico-militar. Existen dúas oposicións, para capelán temporal e para capelán permanente.
No posto de capelán temporal poderase permanecer como máximo 8 anos; tras este período, o sacerdote, se non oposita a capelán permanente, volve á súa diocese orixinal ou, en caso de terse formado no Seminario Castrense/Escola de capeláns «San Xoán Paulo II», pode incardinarse na diocese que queira, previo acordo co respectivo bispo. Aínda que se pode renovar o contrato de capelán permanente outros 8 anos máis (repetindo a oposición a temporal).
A estrutura xerárquica dos capeláns está composta da seguinte maneira:
Os capeláns temporais teñen consideración de capitán.
Os capeláns permanentes teñen consideración de comandante.
Os capeláns permanentes con máis de 15 anos de servizo (desde que ingresaron como temporais) teñen consideración de tenente coronel.
Os capeláns permanentes con máis de 25 anos de servizo (desde que ingresaron como temporais) teñen consideración de coronel.
A estrutura xerárquica dos seminaristas e diáconos castrenses está composta da seguinte maneira:
Aspirante a seminarista, do propedéutico, con consideración de aspirante a oficial.
Seminarista do primeiro curso universitario, ten consideración de cadete de 1 er curso.
Seminarista do segundo curso universitario, ten consideración de cadete de 2.º curso.
Seminarista do terceiro, cuarto e quinto curso universitario ou de excedencias por ampliar plan de estudos (licenciatura, pastoral parroquial, etc.) ten consideración de alférez.
Seminarista que se ordena diácono, durante ese período transitorio ata ser capelán, ten consideración de tenente.
Divisas usadas polos capeláns e seminaristas castrenses
[editar | editar a fonte]Todos levarán o emblema distintivo do Servizo de Asistencia Relixiosa ás Forzas Armadas (SARFAS), que se compón pola cruz latina, as follas de carballo e a coroa real. A divisa do ordinario militar ou arcebispo castrense en funcións estará constituída pola divisa propia do xeral de división. As divisas dos capeláns temporais (capitáns), diáconos (tenentes) ou seminaristas (alféreces) estarán constituídas por estrelas eclesiásticas, que serán representadas por un círculo con tres liñas diametrais no seu interior, unha vertical e dúas diagonais, con extremos divididos en partes iguais (seis puntas). Sendo tres estrelas eclesiásticas as do capitán, postas en colocación de triángulo, dúas as do tenente e unha soa a do alférez. Ás estrelas eclesiásticas os capeláns permanentes (comandantes, tenentes coroneis e coroneis) engadiráselles unha cuarta liña diametral horizontal (oito puntas). Sendo colocadas en liña, tres para o coronel, dúas para o tenente coronel e unha soa para o comandante. As divisas dos seminaristas cadetes estarán constituídas por un ou dous ángulos rectos, con vértices apuntando cara abaixo, como os cadetes oficiais das academias de oficiais das Forzas Armadas. Os aspirantes a seminaristas, do propedéutico, ao igual que o resto de aspirantes das FFAA (aspirante MPTM), irán sen divisa. As imaxes corresponden aos manguitos colocados nas ombreiras e ás tiras de peito ou «galletas».
| Código OTAN | OF-7 | OF-5 | OF-4 | OF-3 | OF-2 | OF-1 | Seminaristas Alféreses | Seminaristas Cadetes | Aspirantes a Seminarista | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||||||
| Arcebispo castrense de España en funcións con consideración de xeral de división | Capelán permanente (+ 25 anos de servizo) con consideración de coronel | Capelán permanente (+ 15 anos de servizo) con consideración de tenente coronel | Capelán permanente con consideración de comandante | Capelán temporal con consideración de capitán | Seminarista diácono transitorio con consideración de tenente
(2ª etapa do sétimo curso) |
Seminarista de 3 er, 4º e 5º curso universitario (Teoloxía) + etapa pastoral (7º curso) con consideración de alférez
(4º, 5º, 6º e 7º ano) |
Seminarista de 2º curso universitario (Filosofía) con consideración de cadete de 2º
(3er ano) |
Seminarista de Modelo:Ord curso universitario (Filosofía) con consideración de cadete de 1º
(2º ano) |
Aspirante a seminarista, do propedéutico, con consideración de Aspirante a oficial
(1 er ano) | |
| Nota: os empregos académicos dos alumnos do Seminario Castrense/Escola de Capeláns «San Xoán Paulo II» non posúen asignacións de códigos OTAN incluído o seminarista alférez. | ||||||||||

