José Ignacio Bugarín
Nome orixinal | (es) José Ignacio Bugarín Pereira |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de marzo de 1968 (56 anos) Tui, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | remeiro , adestrador de remo |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Deporte | remo |
Participou en | |
1992 | rowing at the 1992 Summer Olympics – men's coxed pair (en) |
José Ignacio Bugarín Pereira, nado en Tui o 10 de marzo de 1968, é un ex remeiro galego. Foi varias veces campión de España, unha vez subcampión do mundo e competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi remeiro do Club Remo do Miño e comezou a destacar nos anos 80, proclamándose subcampión de España cadete en 1984 e dúas veces campión de España xuvenil en 1986, nas modalidades de dous con temoneiro e dous sen temoneiro.[1][2] [3]
En 1990 proclamouse subcampión do mundo de dous con temoneiro, no campionato celebrado no Lago Barrington de Tasmania, onde participou xunto ao vasco Ibon Urbieta e co cántabro Gabriel de Marco como patrón, quedando por detrás da embarcación italiana e por diante da iugoslava.[4] En 1992 participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona, na mesma modalidade e de novo con Urbieta como compañeiro, mais esta vez co donostiarra Javier Cano como temoneiro. O equipo logrou meterse nas semifinais, pero non na final, quedando co 12º posto.[5]
En 1993 proclamouse campión de España absoluto por primeira vez, en dous con temoneiro, xunto a Jacobo Moroño e con Ardal como patrón. Ao ano seguinte foi campión no dobre scull, xunto a Miguel Ángel Álvarez. En 2001, en Banyoles, logrou o seu terceiro título nacional, esta vez no catro scull.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2012 o concello de Tui deulle a unha das súas rúas o nome de Rúa Olímpicos Tudenses, en recoñecemento aos deportistas da vila que participaron nos Xogos Olímpicos, como Bugarín, Enrique Míguez, Pedro Areal ou Frank Casañas.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Campionatos de España cadete" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionatos de España xuvenil" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Casi tres mil federados en la comunidad". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 1990. p. 36.
- ↑ "El tudense Ignacio Bugarin se proclamó subcampeón del mundo en dos con timonel". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1990. p. 48.
- ↑ "Remo nos Xogos Olímpicos de 1992". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Tui dedica una calle junto a la ribera del río Miño a sus deportistas olímpicos". Faro de Vigo (en castelán). 16 de novembro de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinalArquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en inglés).
- Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo (en inglés).