José Ignacio Bugarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ignacio Bugarín
Nacemento10 de marzo de 1968
Lugar de nacementoTui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónremeiro e adestrador de remo
Na rede
Olympic.org: jose-ignacio-bugarin-pereira Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Ignacio Bugarín Pereira, nado en Tui o 10 de marzo de 1968, é un ex remeiro galego. Foi varias veces campión de España, unha vez subcampión do mundo e competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi remeiro do Club Remo do Miño e comezou a destacar nos anos 80, proclamándose subcampión de España cadete en 1984 e dúas veces campión de España xuvenil en 1986, nas modalidades de dous con temoneiro e dous sen temoneiro.[1][2] [3]

En 1990 proclamouse subcampión do mundo de dous con temoneiro, no campionato celebrado no Lago Barrington de Tasmania, onde participou xunto ao vasco Ibon Urbieta e co cántabro Gabriel de Marco como patrón, quedando por detrás da embarcación italiana e por diante da iugoslava.[4] En 1992 participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona, na mesma modalidade e de novo con Urbieta como compañeiro, mais esta vez co donostiarra Javier Cano como temoneiro. O equipo logrou meterse nas semifinais, pero non na final, quedando co 12º posto.[5]

En 1993 proclamouse campión de España absoluto por primeira vez, en dous con temoneiro, xunto a Jacobo Moroño e con Ardal como patrón. Ao ano seguinte foi campión no dobre scull, xunto a Miguel Ángel Álvarez. En 2001, en Banyoles, logrou o seu terceiro título nacional, esta vez no catro scull.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2012 o concello de Tui deulle a unha das súas rúas o nome de Rúa Olímpicos Tudenses, en recoñecemento aos deportistas da vila que participaron nos Xogos Olímpicos, como Bugarín, Enrique Míguez, Pedro Areal ou Frank Casañas.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Campionatos de España cadete" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. "Campionatos de España xuvenil" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  3. "Casi tres mil federados en la comunidad". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 1990. p. 36. 
  4. "El tudense Ignacio Bugarin se proclamó subcampeón del mundo en dos con timonel". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1990. p. 48. 
  5. "Remo nos Xogos Olímpicos de 1992". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  6. "Campionatos de España de Remo" (PDF) (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  7. "Tui dedica una calle junto a la ribera del río Miño a sus deportistas olímpicos". Faro de Vigo (en castelán). 16 de novembro de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]