José Cardoso Pires
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1925 São João do Peso, Portugal (pt) |
Morte | 26 de outubro de 1998 (73 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
José Augusto Neves Cardoso Pires, nado en Vila de Rei (San João do Peso, cerca da fronteira con España) o 2 de outubro de 1925 e finado en Lisboa o 26 de outubro de 1998,[1] foi un escritor portugués.[2] A biblioteca municipal de Vila de Rei leva o seu nome.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nacido en San João do Peso, no concello de Vila de Rei, fillo de José António Neves e da súa muller Maria Sofia Cardoso Pires, el de alí natural e ela de Cardigos, en Mação, foi moi cedo para Lisboa cos pais, el Oficial da Mariña Mercante, ela dona de casa. A irmá foi Maria de Lurdes Neves Cardoso Pires (5 de outubro de 1927) e o irmán, António Nuno Cardoso Pires Neves (13 de xuño de 1931 - 9 de abril de 1953).
Entre 1935 e 1944 frecuentou o Liceu Camões,[3] onde tivo como profesores a Rómulo de Carvalho e Delfim Santos, iniciando, de seguido, unha nunca terminada licenciatura en Matemáticas Superiores, na Facultade de Ciencias.
En 1945 alístase na Mariña Mercante,[4] como practicante de piloto sen curso, actividade que abandona compulsivamente, «suspeito de indisciplina e detido em viagem do navio Niassa» (c.f. auto da Capitanía do Porto de Lisboa, de 02-02-1946).
Xa despois de optar pola carreira de xornalista, veu a asumir a dirección das Edicións Artísticas Fólio, onde Aquilino Ribeiro publicou O Retrato de Camilo, e onde lanzou a colección Teatro de Vangarda, que contribuirá para a revelación en lingua portuguesa de obras de Samuel Beckett, William Faulkner e Vladimir Maiakovski. En 1959 foi para Italia, para traballar na revista Época de Milán, preparándose para a publicación dun semanario en termos semellantes ao da Época, que a censura impediu. Non obstante conseguiu lanzar a revista Almanaque, cuxa redacción integrou figuras como Luís Sttau Monteiro, Alexandre O'Neill, Vasco Pulido Valente, Augusto Abelaira e José Cutileiro. Foi tamén cronista do Diário de Lisboa, da Gazeta Musical e de Todas as Artes e da Afinidades.
En 1953, morre o seu irmán nun accidente de aviación en cumprimento do servizo militar, cando o Harvard T6 en que adestraba se incendiou en pleno voo acabando por caer e estourar. Dez anos máis tarde, Cardoso Pires dedícalle «in memoriam» a novela O Hóspede de Job como protesta contra a guerra fría e a colonización militares.
O 8 de xullo de 1954 casou con Maria Edite Pereira (5 de xaneiro de 1932), enfermeira, da cal tivo dúas fillas, Ana Cardoso Pires (4 de setembro de 1956), casada e nai dunha filla Joana (7 de novembro de 1982) e un fillo Rui (13 de marzo de 1985) Cardoso Pires Tavares, e Rita Cardoso Pires (22 de novembro de 1958), solteira e sen descendencia.
Foi profesor de Literatura Portuguesa e Brasileira no King´s College de Londres.[3] En 1995 sufriu unha isquemia cerebral e tras recuperarse contaría a súa experiencia en De profundis.[5]
Foi sepultado en 1998 no Talhão dos Artistas do Cemiterio dos Praceres, en Lisboa. No ámbito do programa que evocou o 10.º aniversario da morte de José Cardoso Pires, a Videoteca do Concello de Lisboa produciu unha curtametraxe titulada Fotogramas Soltos das Lisboas de Cardoso Pires, realizada por António Cunha.[6]
Traxectoria literaria
[editar | editar a fonte]Unanimemente considerado un dos grandes escritores portugueses do século XX, nunha galería onde se poden encontrar nomes como José Saramago ou António Lobo Antunes, a súa carreira literaria está marcada pola inquedanza e pola deambulación. Autor de dezaoito libros, publicados entre 1949 e 1997, non se identifica con ningún grupo, nin se fixa en ningún xénero literario, a pesar de ser considerado sobre todo como un novelista. A súa relación máis duradeira no campo literario deuse co movemento neorrealista portugués, até ao 25 de abril de 1974, xustificada coa oposición ao réxime autoritario portugués. A inserción da súa obra no neorrealismo é, por esas razóns, contraditoria. Frecuentou tamén os grupos surrealistas, no inicio da década de 1940. Foi influenciado pola estética de Hemingway, pola narrativa cinematográfica, o que resulta en discursos curtos e diálogos concisos.
O Delfim, de 1968, é xeralmente considerado a súa obra prima, en que o narrador asume unha condición de forasteiro, aparentemente descomprometido cunha realidade anacrónica. A Gafeira, aldea inexistente do distrito de Leiría, simboliza o Portugal marcelista, cun crime no centro da historia. Sendo recibida, até 1974, como novela neorrealista, ten despertado un interese crecente como narrativa posmodernista. Pode efectivamente ser lida como a primeira novela portuguesa na cal conflúen as principais linguaxes estéticas norteadoras do futuro posmodernismo portugués debido á mestura de xéneros, á polifonía, á fragmentación narrativa e á metaficción.[7][8]
Balada da Praia dos Cães, de 1982, deuno a coñecer internacionalmente.[9]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Os Caminheiros e Outros Contos (1949).
- Histórias de Amor (1952). Contos.
- O Anjo Ancorado (1958). Dom Quixote. Prefacio de Mário Dionísio. Novela Curta. (1984) Ed. de O Jornal.
- Jogos de Azar (1963). Editoria Arcádia. (1985), 5ª ed. Pub. O Jornal. Contos.[10]
- O Hóspede de Job (1963). Dom Quixote. Novela. El huésped de Job (1972). Debuxo da vida campesiña nun Portugal subdesenvolvido dos anos 1950.
- O Delfim (1968). Dom Quixote. 260 páxs. Novela. En español: El Delfín (1998), Alianza Editorial.
- Dinossauro Excelentíssimo (1972). É uma fábula satírica que retrata a vida de Salazar, a súa ditadura e o Portugal do Estado Novo nun ton bastante irónico e amargurado.[11]
- O Burro em Pé (1979). Contos.
- João Janito, o burro em pé (1979). Moraes.
- Balada da Praia dos Cães (1982). Dom Quixote. Prefacio de Antonio Lobo Antunes. Novela. Inspirado nun suceso real parte do achado dun cadáver dun home abandonado nunha praia.[12] En español: Balada de la playa de los perros: disertación sobre un crimen ( 2000), Círculo de Lectores.
- Alexandra Alpha (1987). Dom Quixote. Novela. En español: Alexandra Alpha (1989). Circe Ed.[13] A partir de media ducia de personaxes, a obra mostra como era a vida en Portugal entre finais dos anos sesenta e a revolución do 25 de abril de 1974. En español: Alexandra Alpha (1989), Circe ediciones.
- A República dos Corvos (1988). Dom Quixote. 219 páxs. Contos.
- Lavagante. Encontro desabitado (2008). Novela póstuma.[14] Ed. Nelson de Matos.
- Celeste & Làlinha. Por Cima de Toda a Folha (2015). Relógio D'Água. Póstuma, con ilustracións de Rita Cardoso Pires. É a comovente historia en que José Cardos Pires nos fala dun regresso de África, o de Celeste e da súa boneca negra Làlinha.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Cartilha do Marialva (1960). Ulissseia, Lisboa. Ensaio sobre a vida errada pola que optou Portugal.[15]
- E agora, José? (1977). Dom Quixote. Reflexións sobre a conquista da liberdade en 1974 e a revolución portuguesa no período inmediatamente posterior.
Crónicas
[editar | editar a fonte]- Cardoso Pires por Cardoso Pires (1991).
- A Cavalo no Diabo (1994)
- De Profundis, Valsa Lenta (1997)
- Lisboa, Livro de Bordo (1997). En español: Lisboa: diario de a bordo: voces, miradas, evocaciones (1998), Alianza Editorial. En francés: Lisbonne. Livre de bord: voix, regards, resssouvenances (1997), Gallimard
Teatro
[editar | editar a fonte]- O Render dos Heróis (1960). Editorial Gleba, Lisboa. Ed. especial con ilustracións de Júlio Pomar - Edições Artísticas Fólio, Lisboa (1960).[16]
- Corpo-Delito na Sala de Espelhos (1980). Dom Quixote. A obra é unha crítica retrospectiva á PIDE, a policía política da ditadura de Salazar. En español: Cuerpo del delito en la sala de los espejos (1999), Argitaletxe Hiru, S.L.
Tamén foron tamén levadas á escena:
- O Render dos Heróis (1960)
- Corpo Delito na Sala de Espelhos. Auto e Confrontações. Estreada en 1979.[17]
E ao Teatro Radiofónico, como "Uma simples flor nos teus cabelos claros" (EN) e "Balada da Praia dos Cães" (folletín EN)
Cinema
[editar | editar a fonte]Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cinema:
- A Rapariga dos Fósforos (1978). Inspirada en Dom Quixote, as Velhas Viúvas e a Rapariga dos Fósforos dirección de Luís Galvão Teles.[18]
- Casino Oceano (1983). Dirección de Lauro António.[19]
- Ritual dos Pequenos Vampiros (1984). Dirección de Eduardo Geada. Sobre o conto incluído en Jogos de Azar.[20]
- Balada da Praia dos Cães (1987). Dirección de José Fonseca e Costa. Sobre a novela homónima. Coprodución con España, con Assumpta Serna, Mario Pardo e Patrick Bauchau.[21]
- O Delfim, dirección de Fernando Lopes (2001). Sobre a novela homónima.[22]
Premios[23]
[editar | editar a fonte]Premios ao autor
[editar | editar a fonte]- Comendador da Ordem da Liberdade, 1985
- Grã-Cruz da Ordem do Mérito, 1988[24]
- Premio Unión Latina de Literaturas Románicas, Roma, 1991
- Astrolábio de Ouro do Premio Internacional Ultimo Novecento, Pisa, 1992
- Premio Bordalo de Literatura da Casa da Imprensa, 1994
- Premio Bordalo de Literatura da Casa da Imprensa, 1997
- Premio Pessoa, 1997
- Grande Prémio Vida Literária APE/CGD, 1998
Premios ás obras
[editar | editar a fonte]- Premio Camilo Castelo Branco, pola Sociedade Portuguesa de Escritores, 1963 (O Hóspede de Job)
- Grande Prémio de Romance e Novela, pola Associação Portuguesa de Escritores, 1982 (Balada da Praia dos Cans)
- Premio Especial da Asociación dos Críticos do Brasil, São Paulo, 1988 (Alexandra Alpha)
- Premio D. Diniz, da Fundação Casa de Mateus, 1997 (De Profundis, Valsa Lenta)
- Prémio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários, 1997 (De Profundis, Valsa Lenta)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José Cardoso Pires, adeus Lisboa.L'écrivain portugais est mort dimanche.". Libération.fr (en francés). 1998-10-27. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Fidelizarte. "José Cardoso Pires". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ 3,0 3,1 lecturalia.com. "José Cardoso Pires: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "José Cardoso Pires - biografia sucinta". www.citi.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2016. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Cardoso Pires, José". libros del asteroide (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Fotogramas Soltos das Lisboas de Cardoso Pires". youtube.
- ↑ "El delfín, novela de José Cardoso Pires". www.revistadelibros.com (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ ""O Delfim", de José Cardoso Pires". ensina.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Rayo, Laura. "Retrato cultural y político de Portugal a través de la obra Balada de la playa de los perros." (PDF). dspace.uib.es (en castelán).
- ↑ "José Cardoso Pires - jogos de azar". www.citi.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Dinossauro Excelentíssimo" (en portugués). 2019-12-16.
- ↑ "Balada da praia dos câes - José Cardoso Pires". Agencia Literaria Carmen Balcells (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Puente, Antonio (1988-01-02). "José Cardoso Pires: "Mi influencia cultural es 'anglosaxónica"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Teresa (quinta-feira, 23 de outubro de 2008). "ComLivros: «O Lavagante» de José Cardoso Pires - Pura filigrana literária". ComLivros (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "José Cardoso Pires, Cartilha do Marialva ou das negações libertinas, Ulisseia, Lisboa, 1960". Livraria Trindade Alfarrabista Compra-Vende livros antigos raros esgotados (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "José Cardoso Pires - o render dos heróis". www.citi.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Werneck, Maria Helena. "Depois da Barca, cenas de outros infernos nas dramaturgias de Oduvaldo Vianna Filho e José Cardoso Pires". www.letras.puc-rio.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Portugal, Rádio e Televisão de. "A RAPARIGA DOS FÓSFOROS - Filmes - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Nascimento, Frederico Lopes / Marco Oliveira / Guilherme. "Casino Oceano". CinePT-Cinema Portugues (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 2020-03-30.
- ↑ Portugal, Rádio e Televisão de. "RITUAL DOS PEQUENOS VAMPIROS - Filmes - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "José Fonseca e Costa - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "O Delfim (Fernando Lopes, 2002)". www.mcu.es (en castelán). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Efemérides.José Cardoso Pires: dossier digital". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
- ↑ "Resultado da busca de "José Cardoso Pires".". www.ordens.presidencia.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.