Saltar ao contido

Josh Feeney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosh Feeney
Biografía
Nacemento6 de maio de 2005 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Blackpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeInglaterra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250167837 Editar o valor em Wikidata

Joshua Feeney, nado en Blackpool o 6 de maio de 2005, é un futbolista inglés que xoga como defensa no Real Unión, da Primeira División RFEF, cedido polo Aston Villa. Foi internacional coas categorías inferiores da selección de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Charlie Feeney, foi adestrador de fútbol en Poulton (Lancashire), onde Joshua comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos.[1] Con 12 anos ingresou na canteira do Fleetwood Town, onde permaneceu ata xullo de 2021, cando pasou ao Aston Villa.[2]

No verán de 2022 asinou o seu primeiro contrato profesional co Aston Villa e foi convocado para o encontro da primeira xornada da tempada 2022/23 da Premier League contra o Brentford, aínda que non chegou a debutar.[3][4]

O 1 de febreiro de 2024 foi cedido ata o final da tempada ao Real Unión de Irún, da Primeira División RFEF. No club vasco tivo como adestrador ao seu antigo técnico no equipo xuvenil do Aston Villa Iñigo Idiakez, ata que este foi substituído polo galego Fran Justo.[5]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Elixible polas seleccións de Inglaterra e Escocia, optou por representar a Inglaterra nas súas categorías inferiores.[6] En 2021 foi nomeado capitán da selección inglesa sub-16.[7] Tras xogar coa sub-17, en setembro de 2022 foi convocado por primeira vez pola selección sub-18.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Josh Feeney signs Aston Villa deal - lowdown on the 'stand-out' centre back" (en inglés). 18 de xullo de 2023. Consultado o 28 de maio de 2024. 
  2. "Fleetwood Town's England teenager Josh Feeney signs for Aston Villa". Blackpool Gazette (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  3. "Aston Villa confirm signing of young England defender as Steven Gerrard sticks to promise". Birmingham World. Consultado o 28 de maio de 2024. 
  4. "Josh Feeney: The Villa 16-year-old who has passed every test – a first-team future awaits". The Athletic (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  5. "Josh Feeney y Tommi O´Reilly refuerzan la plantilla del Real Unión". Real Unión Club (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  6. "Josh Feeney in Scotland and England tug of war as Fleetwood starlet switches allegiance". Daily Record (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  7. "Young defender Josh Feeney captains and scores for England Under-16s". Fleetwoodtownfc (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  8. "Aston Villa: 17-year-old could be 'future England international' at Villa Park". Givemesport (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2024.