Josef Kaiser
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de marzo de 1954 Bač |
| Actividade | |
| Ocupación | escultor, mestre, profesor universitario, debuxante, pintor, artista |
| Empregador | Universidade de artes Aplicadas de Viena |
Josef Kaiser (orixinariamente Josip Kaiser), nado en Bač, Voivodina, o 10 de marzo de 1954, é un escultor, gravador e deseñador de moedas austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Josef Kaiser fixo a súa educación secundaria na Escola de Artes Aplicadas de Split, daquela en Iugoslavia, entre 1968 e 1972. Este último ano trasladouse a Austria, onde comezou os seus estudos superiores na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, onde se graduou en 1978, na especialidade de Escultura.[1]
En 1980 comezou o exercicio da docencia na mesma universidade,[2] onde ocupou diferentes cargos: profesor asociado do Instituto de Belas Artes (2000), xefe do Departamento de Debuxo de Espido (2000), decano da facultade (2004) e vicerreitor de Ensino na Universidade (2007).[1]

Ademais da súa produción arística como escultor, Josef Kaiser é un recoñecido deseñador e gravador de moedas. Logo dalgunha experiencia a mediados da década de 1980, o seu traballo máis popular son os anversos nacionais de Austria da serie completa de moedas en euros, desde a dun céntimo á de dous euros, que se comezaron a cuñar en 2002.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Josef Kaiser acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Josef Kaiser". Universität für angewandte Kunst Wien - Institut für Kunst und Technologie.
- ↑ "Kaiser, Josef Mag.art.". Universität für angewandte Kunst Wien.
- ↑ Moedas deseñadas por Josef Kaiser. Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josef Kaiser |