José Varela Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Varela Ulloa
Nacemento1739
 Palas de Rei
Falecemento1794
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador
editar datos en Wikidata ]

José Varela y Ulloa, nado en Vilareda (Palas de Rei) en 1739 e finado na Habana, Cuba, en 1794, foi un mariño e cartógrafo galego. O seu papel máis importante foi a fixación das novas posesións españolas no golfo da Guinea e no Uruguai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Varela y Ulloa ingresou na Escola de Gardas-mariñas de Cádiz. Obtida a graduación de tenente de navío, embarcou en 1773, so mando do tamén galego, Juan de Lángara. O 1 de xaneiro do 1774 o navío parti para determinar as coordenadas da illa de Trinidad, no mar das Antillas. No seguinte ano, ascendido a capitán de fragata, so mando do francés La-Borda, determinou diversos puntos da costa occidental africana, auxiliando ademais a La-Borda na medición do pico do Teide e cartografando as Illas Canarias.

Conforme ao Tratado de San Ildefonso (1777), España conserva a Colonia do Sacramento, no actual Uruguai, e recibe de Portugal, no golfo da Guinea, as illas de Fernando Poo e Annobón. Varela y Ulloa acudiu a tomar posesión das illas africanas, so mando xeral do Conde de Argelejo, en expedición que partiu desde Buenos Aires. A toma de posesión foi difícil, falecendo o comandante da expedición.

En 1781 Varela y Ulloa foi comisionado como xefe da expedición que delimitaría as lindes entre as posesións españolas e portuguesas na Colonia de Sacramento. O grupo non arribou a Montevideo ata 1785.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]