José Rodríguez Vázquez (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Calo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Teo
1936 – 1936
← Manuel Viño GallegoGabriel Varela Crego → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVázquez de Calo
Vázquez da Xesta Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGonzalo Rodríguez Mourullo Editar o valor em Wikidata


José Rodríguez Vázquez, coñecido como Vázquez de Calo e Vázquez da Xesta, nado en 1904 e finado en Calo en decembro de 1965,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre. Representante dos obreiros de Teo nas folgas de 1931-1932. Membro do Partido Galeguista desde 1932. Foi nomeado alcalde de Teo o 16 de marzo de 1936 e permaneceu no cargo ata a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi detido e condenado a cadea perpetua. Foi multado con 500 pesetas pola Comandancia Militar de Santiago de Compostela en setembro de 1937 por "manifesta desafección ao Movemento Nacional con motivo dun acto patriótico celebrado en Calo".[2] Conmutada a pena, ao saír da prisión exiliouse na Arxentina despois de pasar por Portugal. Na Arxentina estivo vencellado a Manuel Puente, traballou para o Consello de Galiza e colaborou en A Nosa Terra, El Orensano e Opinión Gallega.[3] Retornou a Galicia en 1947.


Predecesor:
Manuel Viño Gallego
 
Alcalde de Teo
 
1936
Sucesor:
Gabriel Varela Crego

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Adelina Mourullo Otero e foi pai de Gonzalo Rodríguez Mourullo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domínguez Alamansa, Andrés (1997). "O papel da emigración na transformación da sociedade rural galega: Asociacionismo agrario e poder local no concello de Teo. 1900-1936". En Universidade de Santiago de Compostela. Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936). Santiago de Compostela. pp. 467–493. ISBN 84-8121-665-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]