José Rodal Lanzós
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1885 Cangas, España |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | político, pescador |
| Familia | |
| Fillos | José Rodal Blanco, Ángel Rodal Blanco |
José-Modesto Rodal Lanzós, coñecido como Marrixo, nado en Cangas cara a 1885, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patrón de costa. Foi un dos fundadores da Agrupación Socialista de Cangas, con Lorenzo Corbacho Rodal, Aniceto Franco, Manuel Nores Sotelo, Antonio Varela e Ángel Mato Peña. Directivo da Alianza Marinera e militante da CNT. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Cangas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo cando estaba nunha barbería e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto a Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Víctor Sánchez Mártil, Lorenzo Corbacho Rodal, Ángel Fernández del Río, Manuel Sotelo Suárez e Jesús Barreiro Martínez.[1] Foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e despois foi trasladado á prisión do Forte de San Cristovo onde ingresou o 16 de maio de 1937. Sufriu expediente de responsabilidade civil pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1939.[2] Saíu en liberdade condicional o 29 de agosto de 1940. Conmutáronlle a pena a 4 anos o 12 de decembro de 1942 e obtivo a liberdade definitiva o 5 de xuño de 1944.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Blanco Montes, e foi pai de Dolores, Ángel e José Rodal Blanco.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nores Soliño, Antonio; Santos Castroviejo, Iago (2005). "Mortos, presos, fuxidos e desertores en Cangas (Pontevedra) na retagarda" (PDF). A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Culleredo: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. pp. 679–731.
- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. pp. 775–776. ISBN 84-96403-74-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Los presos del penal de Ezcaba
- Xoán chillón (2/11/2016). "Digna, resistente e luminosa" Faro de Vigo.
- Bará, Luís (13/12/2014). "Lola Rodal: A paixón da memoria resistente" nondesaesquecemento.blogspot.com