Víctor Sánchez Mártil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Sánchez Mártil
Nacemento11 de abril de 1898
 Hervás
Falecemento24 de setembro de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Víctor Sánchez Mártil, nado en Hervás (provincia de Cáceres) o 11 de abril de 1898 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un mestre e político estremeño.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de xornaleiros, marchou a Salamanca con 12 anos. Ingresou na Normal de Salamanca en 1914. Exerceu como mestre en Béjar e Salamanca. En 1927 foi destinado a Quinta do Monte (Esgos). En 1930 trasladouse á Escola do Pósito de Coiro. Formou parte do Círculo Republicano de Cangas do Morrazo. Participou na constitución da Federación Provincial de Traballadores da Ensinanza na Casa do Pobo de Vigo en 1931. Foi tesoureiro da Federación Comarcal de Pósitos do Morrazo e administrador do Pósito de Coiro. De ideoloxía comunista, coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido dúas veces. Participou no Congreso de Traballadores da Ensinanza de Galicia (FETE-UGT) o 19 de marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de xullo ingresando na prisión de Cangas. O 12 de setembro foi trasladado ao cárcere de Pontevedrae, onde foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar o 19 de setembro. Foi condenado a pena de morte e executado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Justa Muñoz Martín e foi pai de cinco fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]