Ángel Fernández del Río
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ángel Fernández del Río | |
---|---|
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Fernández del Río, nado en Cangas en 1903, foi un barbeiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Barbeiro en Cangas. Foi un dos fundadores do Alondras Club de Fútbol en 1928.[1] Afiliado a Izquierda Republicana. Co triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Cangas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo . Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a 15 anos de prisión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo catro anos preso no Lazareto de San Simón. Saíu o 15 de xullo de 1940.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La cara amable del Alondras
- ↑ "«Fui condenado a muerte por ser concejal». Testimonio de ANGEL FERNANDEZ DEL RIO, militante de Izquierda Republicana". La Voz de Galicia, 20-7-1987, p. 30-31.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández del Río, Angel. "Unha traxedia española. Memorias dun supervivente da Guerra". En Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados, pp. 111 - 125.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ángel Fernández del Río na páxina web Nomes e Voces.