Saltar ao contido

Francisco Búa Carou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Búa Carou
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1888 Editar o valor en Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Forte de San Cristovo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaquexia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Búa Carou Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11862

Francisco Agustín Juan Búa Carou, nado en Caldas de Reis o 3 de agosto de 1888 e finado en Pamplona o 10 de xuño de 1940, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Búa Pintos. Foi secretario dos concellos de Portas (1916) e Tomiño (1925), pasou despois ao do Rosal (1927). Militante do PSOE. Chegou a Cangas en marzo de 1936 en comisión de servizos para substituír o secretario accidental Jesús Cordeiro que fora suspendido de emprego e soldo pola Xestora da Frente Popular por irregularidades, converténdose en secretario interino do concello de Cangas.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido acusado de auxilio á rebelión militar. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra xunto ao alcalde de Cangas Agustín Jorge Etcheverri o 19 de setembro, e condenado a cadea perpetua. Ingresou no lazareto da illa de San Simón o 14 de outubro e o 14 de maio de 1937 foi trasladado ao Forte de San Cristovo en Navarra,[1] onde morreu vítima dunha enfermidade o 10 de xuño de 1940.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]