José María Pose Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1926 valor descoñecido |
Morte | 9 de agosto de 1997 (70/71 anos) Os Ánxeles, España |
Alcalde de Vimianzo | |
1979 – 1983 – Eduardo Lema Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José María Pose Romero, nado cara a 1926[1] e falecido nos Ánxeles (Brión) o 9 de agosto de 1997[1], foi un político e médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico en Vimianzo dende 1957. Encabezou a candidatura da UCD nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Coa descomposición da UCD trala derrota electoral de 1982, pasou a encabeza-la candidatura de Alianza Popular nas municipais de 1983 e logrou se-lo candidato máis votado, pero sen maioría absoluta. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor do socialista Eduardo Lema Fernández tras conseguir este o apoio dos demais grupos políticos da corporación. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi superado polo PSdeG-PSOE, polo cal non logrou recupera-la alcaldía, permanecendo como concelleiro ata o final de dito mandato. Foi deputado na Deputación da Coruña entre 1979 e 1987.
Predecesor: ' |
Alcalde de Vimianzo 1979 - 1983 |
Sucesor: Eduardo Lema Fernández |