Eduardo Lema Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Lema Fernández
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Vimianzo
Período1983 – 1987
AntecesorJosé María Pose Romero
SucesorAlejandro Rodríguez Lema
Período – 1992
Datos persoais
ResidenciaPasarela Vimianzo
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPSdeG-PSOE
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eduardo Lema Fernández, nado en Pasarela (Vimianzo) en 1934, é un empresario madeirista e político galego retirado, vinculado durante anos ao Partido Socialista Obrero Español.

Traxectoria persoal e profesional[editar | editar a fonte]

Cando estaba a piques de cumprir os 14 anos o réxime franquista apresou a seu pai, xa que atoparan o seu nome nunha lista aprendida ao guerrilleiro Manuel Ponte Pedreira. Condenado o proxenitor a seis anos de cárcere, tivo que sacar adiante durante ese tempo o negocio familiar coa axuda dos seus irmáns, tamén menores. Conseguiu labrar unha exitosa traxectoria empresarial, na actualidade continuada por fillos e sobriños. Unha carreira que o levou tamén a Canarias, á dársena de Santa Cruz, onde puxo a funcionar unha industria que alí case descoñecían e que pechou porque cesaron as poxas de madeira.[1]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Ingresou no PSdeG-PSOE pola relación establecida con Alejandro Rodríguez Lema, quen xa militaba activamente na política e o axudara a evitar unha multa que lle impuxeran após arranxar a ponte que salva o río Grande e que precisaban para o paso dos camións empregados na industria da madeira.[2]

Foi designado cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Vimianzo nas primeiras eleccións democráticas despois da morte de Francisco Franco tidas lugar en abril de 1979, acadando seis concelleiros fronte os sete de José María Pose Romero, da UCD, que se alzaría co bastón de mando.

Alcaldía[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de maio de 1983 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou 4 concelleiros fronte aos 6 de Pose Romero, nesta ocasión á fronte de AP. Porén, consigueu ser elixido alcalde tras conseguilos apoios, amais do seu partido, dos 2 concelleiros da Candidatura dos Veciños e do concelleiro do Partido Demócrata Liberal. Nas eleccións municipais de xuño de 1987 logrou novamente 4 concelleiros, mellorando lixeiramente o seu número de votos e sendo a candidatura máis votada, polo que volveu a ser elixido alcalde. Porén, o axustado dos resultados (empatou en concelleiros coa CPG de Pose Romero aínda que con máis votos) e a dificultade para chegar a acordos dos demasi grupos da corporación levouno a renunciar como alcalde en agosto dese mesmo ano, sendo substituído polo seu número 2 e tenente de alcalde Alejandro Rodríguez Lema.

Abandono da primeira liña[editar | editar a fonte]

Após o abandono do bastón de mando da alcaldía pasou a un segundo plano para se centrar na súa actividade empresarial, tendo louvado o traballo do seu sucesor Rodríguez Lema até que este se empezou a ver envolto polos escándalos xurdidos en torno á construción da Casa da Cultura de Vimianzo a finais dos anos 2000. Trala expulsión de Alejandro Rodríguez do PSdeG a finais de 2009, Eduardo Lema fixo público o seu apoio ao novo líder socialista local, Marcial Mouzo, escoltándoo nunha rolda de prensa en agosto de 2010[3]. Porén, este novo liderado non remataría por fructificar, e Mouzo non chegou a encabezala candidatura socialista en Vimianzo. En 2016 declarábase desencantado da política[4].


Predecesor:
José María Pose Romero
 
Alcalde de Vimianzo
 
1983 - 1987
Sucesor:
Alejandro Rodríguez Lema

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«A política téñoa esquecida e odiada»" (en castelán). 2016-01-14. Consultado o 2016-08-04. 
  2. «A política téñoa esquecida e odiada»
  3. Gallego, Grupo El Correo. "Marcial Mouzo decide dar el paso para 'renovar' el PSOE de Vimianzo". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 2016-08-04. 
  4. «A política téñoa esquecida e odiada»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]