Jorge Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Jorge Suárez Fernández")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Suárez
Jorge Suárez-Praza Publica.jpg
Jorge Juan Suárez Fernández
Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
Período2015-2019
AntecesorJosé Manuel Rey Varela
SucesorÁngel Mato
Datos persoais
Nacemento27 de decembro de 1975
 Galicia Vigo
OrganizaciónFerrol en Común
ProfesiónFuncionario, político
editar datos en Wikidata ]

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns[1]. A súa familia partiu de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai, que traballara en Astano, marchara a buscar traballo en Vulcano.[2] Está casado cunha ferrolana e ten dous rapaces. Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.

Alcalde de Ferrol[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG.

Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a Semana Santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.

Recibiu múltiples críticas polo seu xeito descoidado e informal no seu vestir, tanto de xeito privado como en actos oficiais.[3]

Nas eleccións municipais de 2019 repetiu como candidato de Ferrol en Común. O seu partido foi a terceira forza máis votada, pasando de 6 a 3 concelleiros, e deu o seu apoio na investidura ao candidato do PSdeG Ángel Mato, que se converteu no novo alcalde de Ferrol.[4]


Predecesor:
José Manuel Rey Varela
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
2015 - 2019
Sucesor:
Ángel Mato

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]