Saltar ao contido

José Manuel Alvelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel Alvelo
Biografía
Nacemento4 de maio de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo

José Manuel Alvelo Parredo,[1][2] nado en Lugo o 4 de maio de 1962, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alvelo formou parte dunha das xeracións máis prodixiosas da canteira céltica. Chegou ao primeiro equipo, daquela en Segunda División, na tempada 1983/84, xogando no seu primeiro ano co Celta adestrado por Félix Carnero 32 partidos, e marcando 2 goles.

A tempada 1984-85 sería unha das mellores a nivel persoal xa que colaboraría con 6 goles ao ascenso do Celta a Primeira División, onde faría moi mal ano, consumándose o descenso a Segunda División ao final da tempada.

Porén recuperaría a categoría en só un ano, algo conseguido por moi poucos equipos, volvendo a ser Alvelo un dos xogadores máis importantes, disputando 37 encontros e marcando 2 goles, un deles fundamental no play-off de ascenso.

O ano de volta á primeira categoría sería un mal ano para Alvelo, que comezaría como titular pero que iría perdendo importancia ao longo da tempada, aínda que ao final da mesma recuperou parte do seu status dentro do equipo. Este ano ademais o Celta faría moi bo papel, estando a punto de se clasificar para a Copa da UEFA finalizando o ano en sétima posición. Alvelo xogaría un total de 29 encontros.

José Manuel Alvelo xogou o último partido o 20 de agosto de 1988 no Trofeo Cidade de Vigo contra o Botafogo. Poucas horas despois sufriu un accidente de tráfico que lle produciu unha fractura de vértebras cervicais e unha lesión medular irreversíbel.

Alvelo celebrara a vitoria, primeiro coa súa moza e despois trasladándose a Sanxenxo cuns amigos, na viaxe de retorno produciuse o fatal accidente. O Peugeot 205 golpeou coa beira da calzada e acabou chocando contra un muro.

Internado nun primeiro momento no sanatorio vigués de Nuestra Señora de Fátima e ante a falta de dispoñibilidade de camas na unidade de parapléxicos da Coruña, optouse por trasladalo a Toledo ao Centro Nacional de Rehabilitación de Parapléjicos, onde lle diagnosticaron:

Jose Manuel Alvelo ten unha lesión medular nivel C6 por fractura de luxación vertebral C 6-7. Atópase consciente e as súas constantes hemodinámicas e respiratorias son aceptábeis. A lesión medular, dende o punto de vista neurolóxico, pode considerarse irreversíbel

O 28 de decembro realizouse un partido de homenaxe no que se enfrontaron a Selección española de fútbol de Zubizarreta, Martín Vázquez, Larrañaga, Julio Salinas ou Butragueño e o Celta de Vigo dos seus antigos compañeiros. O presidente do Celta José Luis Rivadulla impúxolle a Primeira Medalla de Ouro do Club.

En 2013 a Xunta de Galicia outorgoulle a medalla ó Mérito Deportivo.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]