Emilio Timiraos Cervo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Timiraos Cervo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata

Emilio Manuel Timiraos Cervo, nado en Viveiro cara a 1908 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de Viveiro. Membro da UGT, da que foi secretario, e militante do PCE, foi secretario sindical do Radio Comunista de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de outubro. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 9 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de abril de 1937 con Manuel Enríquez Fernández, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, José María Gallo Gallo e Faustino Fernández Cartategui.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 30-4-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Emilio Timiraos Cervo na páxina web Nomes e Voces.