José Iglesias Ramilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Iglesias Ramilo
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Valadares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , director de orquestra , músico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete baixo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


José Iglesias Ramilo, nado en Valadares en 1956, é un compositor e director de bandas musicais de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia numerosa e afeccionada á música, xa que o seu pai e algúns dos seus irmáns formaron ou forman parte da Unión Musical de Valladares. Con dez anos, Ramilo comezou os seus estudos musicais en dita agrupación, e un ano máis tarde pasou a formar parte dela como músico na especialidade de clarinete baixo. Por aquel entón, Alfonso Méndez, que dirixía a banda nese momento, deixáballe dirixir algún pasodobre nas festas, e, en 1971, cando cumpriu os catorce anos, pasou a dirixir a formación definitivamente. Foi o primeiro director da banda en saír da propia canteira de músicos propios da banda.

Estudou nos conservatorios da Coruña e Madrid. En 1978 conseguiu aprobar as oposicións como suboficial músico do exército de Terra, na especialidade de óboe. Porén, en 1985, decide renunciar á súa praza para adicarse de cheo á dirección da Unión Musical de Valadares, á escola desta banda e mais á dirección da coral do centro cultural desta parroquia.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas propias composicións están os pasodobres "Centenario", "Al paso de la banda" ou "Centro Cultural". Tamén escribiu marchas de procesión como "El buen pastor" ou xotas galegas como "Troulada" e "Os romeiros".

Dende que José Iglesias Ramilo está ao cargo da dirección da Unión Musical de Valadares, a banda realizou as súas primeiras gravacións de son en CD e casete, as cales contan con máis de 20 000 vendas.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre 1994 e 1995 o Concelleiro de Cultura de Vigo Francisco Santomé encargoulle a creación dunha banda sinfónica con músicos escollidos entre as agrupacións da bisbarra, co pretexto de ofrecer unha serie de concertos. Foi condecorado coa medalla de ouro do Concello de Vigo.

En 1996, logo de 25 anos como director do conxunto, o Centro Cultural de Valadares e mais a formación musical deste, organizáronlle un acto na súa honra.

En 1998, a proposta do alcalde Manuel Pérez Álvarez, foi nomeado Vigués distinguido polo seu labor musical na parroquia de Valadares.[3]

Premios[editar | editar a fonte]

Baixo a súa dirección, a banda conseguiu diversos premios:[4]

  • Primeiro Premio no Certame de Bandas de Música de Galicia (1985)
  • Primeiro Premio no Certame de Bandas de Música de Galicia (1986)
  • Primeiro Premio no Certame de Bandas de Música de Galicia (1996)
  • Segundo Premio no Certame de Bandas de Música Ciutat de València (1997)
  • Segundo Premio no Certame de Bandas de Música Vila d'Altea (2000)
  • Segundo Premio no I Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2001)
  • Primeiro Premio no CXXIV Certame Internacional de Bandas de Música Ciutat de València (2010)[5]
  • Primeiro Premio no XI Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2011)[6]
  • Primeiro Premio no Certame de Bandas de Música Vila d'Altea (2017).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. User, Super. "Currículo do Director". www.bandavalladares.com. Consultado o 2018-05-18. 
  2. User, Super. "Discografía". www.bandavalladares.com. Consultado o 2018-05-19. 
  3. #NBM. "La Unión Musical de Valladares concursa en el 44º Certamen Internacional Vila d’Altea - Nuestras Bandas de Musica". www.nuestrasbandasdemusica.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-18. 
  4. User, Super. "Historia". www.bandavalladares.com. Consultado o 2018-05-18. 
  5. Santos, Ágatha de. "Las agrupaciones de Valladares y Beade triunfan en el Certamen Gallego de Bandas - Faro de Vigo". www.farodevigo.es. Consultado o 2018-05-18. 
  6. "Concursantes do XI certame provincial de Bandas Galegas da Deputación de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. 
  7. #NBM. "Resultados del 44º Certamen Internacional ‘Vila d’Altea’ - Nuestras Bandas de Musica". www.nuestrasbandasdemusica.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2018-05-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]