José García Hernández
José García Hernández, nado en Guadalaxara o 19 de marzo de 1915 e finado en data descoñecida, foi un avogado e político español, que foi ministro de Gobernación e vicepresidente español entre o 3 de xaneiro de 1974 e o 12 de decembro de 1975.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Ingresou no Corpo de Avogados do Estado. Foi presidente da Deputación de Guadalaxara (1941-1946) e Gobernador civil de Lugo (1947-1949)[1] e As Palmas (1949-1951), e despois Director Xeral de Administración Local.
En xaneiro de 1974 foi nomeado Ministro de Gobernación e Vicepresidente do Goberno por Carlos Arias Navarro, que coincidira con el na etapa en que foron Gobernadores Civís.
A súa xestión no Ministerio da Gobernación caracterizouse por un endurecemento do autoritarismo, marcado polas execucións de Salvador Puig Antich e Heinz Chez (1974) e Angel Otaegi Etxeberria, Xosé Humberto Baena Alonso, Ramón García Sanz, José Luis Bravo Solla e Jon Paredes Manot (1975). Estes últimos foron procesados e condenados segundo un decreto-lei antiterrorista publicado polo seu Ministerio que autorizaba a celebración de consellos de guerra sumarísimos contra civís por accións armadas contra o réxime.
Foi cesado en decembro de 1975 cando se constituíu o primeiro goberno da Monarquía e sucedido por Manuel Fraga Iribarne. Conselleiro-delegado do Banco Exterior de España, durante uns meses de 1976 e 1977[2] ocupoi a presidencia. En 1978[3] presidiu o consello de administración de Naviera de Canarias S.A.
Predecesor: Carlos Arias Navarro |
Ministro de Interior 1974 - 1975 |
Sucesor: Manuel Fraga Iribarne |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Esmeralda Aleixades Thymanakis.