José Fernández Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fernández Bermúdez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Rois, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribeira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Fernández Bermúdez, nado en Rois cara a 1892 e finado en Ribeira o 6 de febreiro de 1961,[1] foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalado en Ribeira, era propietario dun almacén de sal. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde. En 1933 foi elixido alcalde de Ribeira, permanecendo no cargo até 1936. Foi nomeado membro da xestora da Deputación da Coruña en decembro de 1935.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi deposto como alcalde, detido polo capitán Saavedra e trasladado a Boisaca, onde estivo unha semana. O apoio das súas amizades permitiulle lograr un permiso que aproveitou para marchar a Portugal onde permaneceu durante un ano, ata que as autoridades franquistas decretaron unha amnistía para os republicanos sen delitos de sangue. Inculpado na Causa militar instruída en Santiago de Compostela por rebelión que finalmente foi sobresida. Marchou ao exilio. Retornou a Ribeira, onde seguiu cos seus negocios nos anos cincuenta.

Predecesor:
Ramón Baltar Cardona
 
Alcalde de Ribeira
 
1933 - 1936
Sucesor:
Antonio Fernández Salcedo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Juana Sampedro Vidal e foi pai de Juana, José, Cándido, María Luz, María Teresa e Ángel Fernández Sampedro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Noche, 6-2-1961, p. 2
  2. El Pueblo Gallego, 28-12-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bravo Cores, Daniel M. (2000). Riveira, alcaldes para un siglo (1860-1975). A Pobra do Caramiñal. ISBN 84-607-1245-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]