Antonio Fernández Salcedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Fernández Salcedo
Nacemento1 de febreiro de 1880
Lugar de nacementoLambayeque
Falecemento3 de agosto de 1968
Lugar de falecementoRibeira
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
FillosRamón Fernández Sarasquete
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fernández Salcedo, nado en Lambayeque (Perú) o 1 de febreiro de 1880 e finado en Ribeira o 3 de agosto de 1968,[1] foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos no Perú que retornaron e instaláronse en Ribeira. Foi comerciante en Ribeira. Nos anos vinte era presidente da sociedade La Necesaria.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde Público, e permaneceu uns meses no cargo ata o nomeamento de José Pérez Martínez como alcalde.


Predecesor:
José Fernández Bermúdez
 
Alcalde de Ribeira
 
1936
Sucesor:
José Pérez Martínez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Fernández Fernández e Cristina Salcedo Rodríguez, ambos da localidade pontevedresa das Vides e emigrantes no Perú. Casou en 1904 en Ribeira con Manuela Sarasquete Otero, e tiveron catro fillos: Antonio, Lucrecio, Ramón (xogador do Deportivo da Coruña) e María Dolores Fernández Sarasquete.

Notas[editar | editar a fonte]