José Domingo González Boullosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Domingo González Boullosa
Biografía
NacementoMarcón, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRosalía Génova Freire Editar o valor em Wikidata

José Domingo González Boullosa, nado en Marcón (Pontevedra) e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tapiceiro de profesión, viviu algúns anos en Santiago de Compostela onde traballou como tapiceiro no teatro Cervantes. Militante do Partido Comunista de España, nos anos da República instalouse coa familia en Vilagarcía de Arousa, onde activou o PCE en colaboración con José Fernando Fernández Vázquez. En 1934 foi detido por excitación á rebelión e ao ano seguinte multárono con 150 pesetas por distribución de follas clandestinas. Participou en varios mitins do Frente Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou como vogal no Comité da Fronte Popular en representación do PCE. Logo permaneceu no seu domicilio. O día 24 de xullo detiveron a súa muller, fuxiu coa súa filla Teresa e pasou a noite nunha casa de Abalo, e de alí marchou a Setecoros (Valga) onde o acolleu o cura Santiago Garrido Álvarez, irmán de Xesús Garrido Álvarez. Residiu alí ata o 3 de agosto que marchou a Lantaño para ver os seus fillos, e alí o detiveron o 7 de agosto membros da Guardia Cívica daquela localidade e entregárono á Garda Civil. O 9 de outubro sacárono da cadea e levárono preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, onde foi asasinado xunto a Severino García Teijeiro, Juan Bacariza Sánchez, Xesús Froiz Gómez, Manuel Guillán Abalo e Ramón Muíños Lorenzo. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Rosalía Génova Freire en marzo de 1921.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 10-3-1921, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]