Manuel Guillán Abalo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1902 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 9 de outubro de 1936 (34 anos) A Estrada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Guillán Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de maio de 1902 e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi mestre en Sada, nas escolas creadas pola sociedade "Sada y sus Contornos". Con motivo da problemática dos profesores sen praza de 1928, foi a Madrid representando ao profesorado pontevedrés e ourensán. Pertencía á Loxa Helenes número 7 da masonaría.[1] Mestre interino na escola de San Salvador de Poio en 1931. Afiliado ao Centro Republicano e logo á ORGA pola que se presentou candidato ás eleccións en 1931. Participou no mitin republicano de Ponte Caldelas o 10 de maio de 1931.[2] Tivo un incidente co inspector de ensino José Gabaldón Navarro que motivou a súa suspensión en xuño de 1933. Manuel reclamou e foi readmitido en marzo de 1934.[3] Foi despois mestre en Pontevedra. Foi destinado á Insua en 1934. Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo da UGT. Posteriormente integróuse no Partido Galeguista e foi apoderado da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Lalín, onde foi detido o 21 de xullo. Permaneceu no cárcere lalinense ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Xesús Froiz; da Prisión de Silleda sacaron a Ramón Muíños Lorenzo e preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, os tres foron asasínados. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron. En xaneiro de 1937 chegou a ser procesado nunha causa militar en Pontevedra.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Josefa Agulló Barral en 1928.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Defensa do Ven:.H:. "Fermín Galán"
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-5-1931, p. 6.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-5-1936, p. 2.