José Domínguez González (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Domínguez González
Nacemento 1895
Lugar Corzáns, Salvaterra de Miño
Falecemento 24 de febreiro de 1937
Lugar Vigo
Causa Fusilamento
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

José Domínguez González, nado en Corzáns (Salvaterra de Miño) en 1895 e finado en Vigo o 24 de febreiro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina con 16 anos. Traballou de panadeiro e foi sindicalista. Participou na Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos e na Sociedade Nazonalista Pondal. Colaborou en Acción Gallega e A Fouce. Retornado a Salvaterra de Miño, na República foi concelleiro socialista e Tenente Alcalde. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, incorporouse ao Comité de Defensa da República. Foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Antes da súa execución escribiu unha carta a Adela Melijosa Suárez e outras compañeiras presas. Foi fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]