José Antonio Rivadeneira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Rivadeneira
Biografía
Nacemento9 de abril de 1774 Editar o valor em Wikidata
Buciños, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1856 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Bishop of Valladolid (en) Traducir
24 de agosto de 1830 – 26 de xuño de 1856
← Juan Baltasar Toledano (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1831–), sacerdote católico (1800–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAgustín Lorenzo Varela Temes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

José Antonio Rivadeneira,[1][2] nado o 9 de abril de 1774 na Casa Grande de Loureiro-Buciños, provincia de Lugo, e finado o 26 de xuño de 1856 en Valladolid, foi un crego católico galego, foi bispo de Valladolid e senador[3] pola provincia de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Casa Grande de Loureiro, Buciños, no século XXI

José Antonio Rivadeneira procedía dunha boa familia labrega galega, a Casa Grande de Loureiro de Baixo, fillo de Margarita Josefa González e José Lorenzo Rivadeneira. Bautizouno o 12 de abril en Buciños o crego D. Pedro Boán.[4]

Estudou humanidades no Mosteiro de San Benito el Real de Valladolid, despois na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía, Dereito Canónico e Civil, doutorándose nesas materias na Universidade de Osma. Foi ordenado sacerdote en 1800 e o mesmo ano recibiu o título de doutor iuris utriusque pola Universidade de Osma. En 1801 foi nomeado párroco en San Salvador de Maceira (diocese de Tui). En 1805 volveu a Lugo despois de gañar por oposición a praza de cóengo doutoral. Foi secretario de Felipe Peláez de Caunedo, bispo de Lugo, e o seu avogado de Cámara.[4] Durante a Francesada foi obrigado, con outros cinco curas de Lugo, a prestar xuramento de fidelidade e obediencia ao rei José Bonaparte; pero negouse, fuxiu e escondeuse, polo que os franceses, saquearon a súa casa e destinárona para aloxamento das tropas.

Despois, en 1809, o clero lucense nomeouno novo deputado na Xunta de Goberno. Á morte do bispo de Lugo, Felipe Peláez, o 9 de xullo de 1811, foi nomeado vicario capitular.[5] En 1813 foi nomeado "Comisario y Juez ordinario de cruzada, y el Rey Fernando VII, noticioso de su fidelidad"[4] nomeouno cóengo cardeal da Catedral de Santiago, na que tamén foi Xuíz Real do Subsidio eclesiástico extraordinario, Vicario capitular, e en 1822 reitor da universidade compostelá. Tamén foi profesor de Institucións Canónicas en Santiago. O clero elixiuno deputado nas Cortes.[5]

O carballo da Casa Grande, árbore senlleira que viu criarse a José Antonio Rivadeneira

O papa León XII nomeouno o 2 de outubro de 1826 como auditor da Sagrada Rota Romana para Castela, a proposta do Rei de España. O mesmo día, o papa nomeouno Prelato da Pontificia Casa, despois Penitenciario Apostólico.

O 24 de agosto de 1830, José Antonio Rivadeneira foi nomeado bispo de Valladolid (sucedendo a D. Baltasar Toledano) e preconizado por Roma o 28 de febreiro de 1831. Chegou a Barcelona o 29 de marzo de 1831 e con en traía os restos dun mártir que doou a Buciños, o San Pexerto.

Foi ordenado bispo o 15 de maio de 1831 en Madrid polo bispo de Salamanca, Agustín Lorenzo Varela Temes (nado en Santa María de Sabadelle-Chantada); Os co-conselleiros foron Joaquín Abarca Blaque, bispo de León, e o bispo Pablo García Abella, bispo auxiliar de Toledo. O 22 de xuño entrou na súa diocese.[4]

O Seminario de Valladolid débelle grandes reformas e a creación do gabinete de Física e Historia Natural. En 1834 foi nomeado prócer do Reino, pero aproveitando a epidemia do cólera non asistiu ás Cortes e retirouse da política activa á súa diocese.[5] Despois de 25 anos no cargo de bispo de Valladolid, morreu en 1856 no seu bispado. O seu corpo foi soterrado na nave do Santísimo Cristo da catedral de Valladolid.

A Universidade de Santiago consagrou un recordo á súa memoria, dedicándolle un vitor colocado sobre a porta dunha das aulas no lado leste da planta baixa do edificio.

A súa memoria conservouse na contorna de Buciños por ser quen trouxo de Roma o corpo do santo, do San Pexerto.[6]

En 2014 o Concello de Carballedo puxo o seu nome a unha rúa na Barrela.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bishop Juan Antonio Rivadeneyra [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2020-07-11. 
  2. O segundo apelido é para a Real Academia de Historia "Villaguisada" e para o crego estudoso da súa vida, Jesús Guerra, "González", que coincide co apelido da nai
  3. Ficha no Senado
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Guerra, Jesús (2004). Vida y novena de San Pegerto de Buciños. Con licencia eclesiástica dada por el Obispado de Lugo en Diciembre de 2003. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "José Antonio Rivadeneyra Villaguisada. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 2020-07-11. 
  6. "Arquitectura Relixiosa". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2020-07-12. 
  7. "Carballedo hace sitio en su callejero al arte y la historia". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-01. Consultado o 2023-09-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Philippe Bountry: Officiers subalternes de la curie et consulteurs des congrégations romaines en fonctions sous la restauration (1814-1846) (notas brèves). En: Souverain et pontife. Investigación en prosopografies sobre a Curie Romaine á rexión da restauración (1814-1846). École française de Rome, Roma 2002, marxe núm. 508-509.
  • Fernando Chueca Goitia: La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura española. Reverte, Madrid 1998, p. 222.