José Alguero Penedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Alguero Penedo
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnotario , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata

José Alguero Penedo, nado en Betanzos en 1872 e finado en Xixón o 2 de marzo de 1956[1], foi un avogado, notario, fotógrafo, debuxante e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do capitán do exército Miguel Alguero Nicolau, natural de Ascó. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela obtendo a licenciatura en 1892. Foi profesor de Xeografía do Colegio Privado de Bentanzos no curso 1897-98.[2] Exerceu como fiscal municipal de Betanzos (1898-99). Aprobou as oposicións e foi nomeado notario de Negreira en 1904,[3] permanecendo nese posto até 1924 cando se trasladou a Betanzos.[4] Participou no faladoiro A Cova Céltica. Foi redactor de ¡Ya Somos Tres!, El Valdoncel e El Mendo e colaborou en Revista Gallega, El Brigantino, El Progreso, El Noroeste, Galicia Moderna, Revista Núñez e Anuario Brigantino. Escribiu apropósitos para o antroido de Betanzos.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e xulgado en consello de guerra en maio de 1937 con José Rivas Acea e Manuel Cachaza Carro;[5] foi absolto pero foi desterrado a Xixón, onde volveu exercer como notario. Finou en Xixón o 2 de marzo de 1956.[6]

Fotógrafo afeccionado, consérvanse medio cento das súas imaxes de Negreira,[7] e tamén foi debuxante. Amigo de Emilia Pardo Bazán, de quen foi secretario particular,[8] foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Betanzos leva o seu nome dende 1980.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Negreira con Josefa Caamaño Rodríguez en 1911,[10] e foi pai de Miguel (médico), José (aparellador) e Luis Alguero Caamaño (avogado).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica, La Voz de Galicia, 13 de marzo de 1956.
  2. La enseñanza secundaria en Betanzos en el siglo XIX: El Instituto Libre y los Colegios Privados
  3. El Diario de Pontevedra, 24-2-1904. p. 2.
  4. El Compostelano, 26-3-1924, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 24-5-1937, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 3-3-1956, p. 7.
  7. Tuñas recupera el archivo fotográfico del notario Alguero
  8. Correspondencia José Alguero Penedo (1872-1956)
  9. "Betanzos: Sustitución de nombres de calles y nuevas denominacines", La Voz de Galicia, 28-3-1980, p. 36.
  10. Diario de Galicia, 10-2-1911, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]