Benito Méndez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito Méndez Rodríguez
Biografía
NacementoPontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Benito Gabino Méndez Rodríguez, nado en Pontevedra, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestre na Normal de Pontevedra en 1928.[1] Foi mestre de Viascón dende 1934, e dende 1936 de Aciveiro. Nos anos da República estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.[2] En marzo de 1931 foi elixido secretario da directiva da Juventud Republicana de Pontevedra.[3] En outubro de 1932 foi elixido secretario da agrupación do Partido Republicano Radical Socialista de Pontevedra presidida por Celestino Poza Cobas.[4] Nas eleccións de novembro de 1933 integrou a candidatura do Partido Radical Socialista con Celestino Poza Cobas e José Adrio Barreiro.[5] Despois pasou a militar en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.[6] Agochado durante un ano tras unha porta ben camuflada no faiado do edificio de Pontevedra onde as súas irmáns Maruja, Mercedes e Canducha tiñan a escola e a vivenda familiar, no verán de 1937 puido marchar cara ao exilio venezolano por Portugal. Foi declarado en rebeldía. Foi separado definitivamente do ensino en outubro de 1937.[7] Foi obxecto dun expediente de responsabilidades políticas do que foi indultado en 1941. Volveu a Pontevedra coa familia o 4 de febreiro de 1954. Foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar, sendo condenado a 20 anos de prisión o 12 de xullo dese ano, conmutada ese mesmo día a seis anos e un día para posteriormente obter o indulto. A súa muller Ofelia traballou como profesora de francés na escola de Maxisterio. Ao regreso do exilio adquiriu o pazo propiedade de Celestino Poza Cobas e posteriormente vendeullo ao Concello, inmóbel que acolle na actualidade o colexio Xoán XXIII.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán de Isolina Méndez Rodríguez, que casou con Celestino Poza Pastrana. Casou en Venezuela coa canaria María Ofelia Sangil Hernández, finada en 2020, e foi pai de Benito, María de las Mercedes, Fernando e María Ofelia Méndez Sangil.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 6-7-1928, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 16-10-1935, p. 12.
  3. El Progreso, 13-3-1931, p. 3.
  4. El Progreso, 26-10-1932, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 16-11-1933, p. 10.
  6. El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 10.
  7. Diario de Pontevedra, 7-10-1937, p. 2.
  8. Diario de Pontevedra, 9-7-2020, p. 52.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]