Luis Fontaíña Serrapio
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1900 valor descoñecido |
| Morte | 18 de novembro de 1974 Pontevedra, España |
| 31 de decembro de 1935 – marzo de 1936 ← Ramón Domínguez Ferradás – José Adrio Barreiro → | |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
Luis Fontaíña Serrapio, nado en 1900 e finado en Pontevedra o 18 de novembro de 1974,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina e odontólogo, estableceuse en Pontevedra nos anos vinte. Despois da proclamación da Segunda República afiliouse ao Partido Republicano Radical do que foi presidente da Executiva de Pontevedra en outubro de 1933.[2] Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933. Foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra o 31 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. No franquismo foi Presidente do Liceo Casino de Pontevedra (1956-1958).
| Predecesor: Ramón Domínguez Ferradás |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1935 - 1936 |
Sucesor: José Adrio Barreiro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Lombos Pazos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.