Jordi Cruz Mas
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1978 (46 anos) Manresa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cociñeiro , empresario |
Empregador | RTVE (2012–) Banijay Iberia (en) (2012–) |
Lingua | Lingua éuscara, lingua catalá e lingua inglesa |
Premios | |
Jordi Cruz Mas, nado en Manresa, Barcelona, o 29 de xuño de 1978, é un cociñeiro español. Dende o ano 2010 é o chef titular do restaurante ABaC de Barcelona,[1] e dende 2017 conta con 3 Estrelas Michelin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de cociña na Escola Superior de Hostalaría de Manresa. Ós 14 anos empezou a traballar no restaurante Estany Clar de Cercs (Barcelona), establecemento onde recibiu a súa primeira estrela Michelin en novembro de 2004, converténdose ós seus 26 anos no chef máis novo de España, e no segundo do mundo, en recibir esta distinción.[2][3] Rexenta o restaurante ABaC de Barcelona.
En 2014 e 2016 participou nas Badaladas de Noitevella na 1 (parte de Televisión Española) xunto a Pepe Rodríguez e Anne Igartiburu. En 2014 propúxose baixar de peso para ter unha mellor saúde movido polo reto proposto por Men's Health, baseándose en deporte e unha boa dieta. Baixou entre dez e vinte quilos e apareceu na portada da revista Men's Health.
Colabora no programa MasterChef España, do que é xurado xunto con Samanta Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez e tamén na versión infantil, MasterChef Junior España.
Televisión
[editar | editar a fonte]- MasterChef, (2013-presente) en La 1.
- Campanadas Fin de Año, (2013-2014) en La 1.
- MasterChef Junior, (2013-presente) en La 1.
- El hormiguero 3.0, (2015) en Antena 3.
- Mi casa es la tuya, (2015) en La 1.
- Campanadas Fin de Año, (2016-2017) en La 1.
- MasterChef Celebrity, (2016-presente) en La 1.
- Chester in love, (2017) en Cuatro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ABaC Restaurant Hotel. "Chef Jordi Cruz".
- ↑ EFE Verde; EFE (23 de maio de 2013). "Jordi Cruz traslada en junio su restaurante Angle al hotel Cram de Barcelona". eleconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de setembro de 2020.
- ↑ Ferrandis, Tatiana (17 de maio de 2013). "Jordi Cruz, en su punto". larazon.es (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2020.