Jordan Sánchez
![]() Jordan Sánchez co Arenteiro, 2023 ![]() | |
Nome orixinal | Jordan Sánchez Varela |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1991 ![]() Ourense, España ![]() |
Altura | 1,72 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Lateral dereito |
Jordan Sánchez Varela, nado en Ourense o 5 de xaneiro de 1991, é un futbolista galego que xoga de lateral dereito no Arenteiro, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Ourense e chegou a debutar co seu filial, o Ourense B, na Terceira División, durante a tempada 2007/08, con só 16 anos. A continuación pasou polo equipo xuvenil do Pabellón,[1] antes de ingresar na canteira do Celta de Vigo en 2009.[2] Tras un ano de xuvenil, saíu cedido na tempada 2010/11 ao Ourense, co que xogou unha campaña en Terceira, logrando 10 goles e disputando a promoción de ascenso.
De regreso en Vigo, xogou unha campaña co Celta B na Segunda División B, sen conseguir manter a categoría. En 2012 fichou polo Compostela, co que gañou na súa primeira tempada o ascenso de Terceira a Segunda B. Xogou tres anos máis no equipo santiagués, disputando un total de 120 partidos oficiais.
A continuación xogou 6 anos fóra de Galicia, vestindo as camisetas de cinco equipos diferentes (Sabadell, Arenas de Getxo, Linense, Alcoyano e Zamora), todos eles na terceira categoría do fútbol español. Co Zamora disputou a primeira edición da nova Primeira División RFEF, aínda que acabou descendendo.
En 2023 regresou á provincia de Ourense e asinou como novo xogador do Arenteiro.[2] Disputou un total de 35 partidos na histórica tempada 2022/23, na que o club do Carballiño se proclamou campión do Grupo I da Segunda División RFEF, logrando así o ascenso á Primeira RFEF, gañou a Copa Federación e eliminou ao Almería na Copa do Rei antes de caer eliminado ante o Atlético de Madrid de Simeone.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Arenteiro
- Segunda División RFEF (1): 2022/23.
- Copa Federación (1): 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Luis M. (24 de abril de 2013). "El Pabellón rompió todos sus registros en Honor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Jordan Sánchez únese á plantilla do C.D. Arenteiro". Facebook. Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (10 de xuño de 2023). "Álex Fernández: «En el éxito del Arenteiro primó lo colectivo sobre lo individual»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).
- Nados en Ourense
- Nados en 1991
- Futbolistas de Ourense
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CD Ourense B
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Arenas Club de Getxo
- Xogadores da Real Balompédica Linense
- Xogadores do CD Alcoyano
- Xogadores do Zamora CF
- Xogadores do CD Arenteiro