Jonathan Sexton
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de xullo de 1985 Dublín, Irlanda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | University College Dublin Kildare Place National School (en) St Mary's College, Dublin (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 92 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Fly-half (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jonathan Sexton, nado o 11 de xullo de 1985 en Dublín, é un xogador irlandés de rugby que xoga na posición de apertura para a selección irlandesa e o equipo de Leinster Rugby, malia que na súa licenza consta como xogador do equipo afeccionado St Mary's College RFC, no cal comezou a súa carreira deportiva antes de chegar a ser profesional.
A súa chegada ó profesionalismo en 2006 da man do equipo provincial de Leinster Rugby supuxo un impacto no rugby europeo a nivel de clubs, xa que dende entón o equipo de Dublín gañou en 3 ocasión a máxima competición continental, a Heineken Cup, nas tempadas 2008-09, 2010-11 e 2011-12. Na competición de liga axudou a que Leinster Rugby rematase entre os 2 primeiros en 5 das 7 últimas edicións, acadando o campionato na tempada 2007-08.
Na selección irlandesa, coa que debutou en 2009, disputa a posición de apertura co veterano Ronan O'Gara. Malia que cada ano son candidatos a gañar o Torneo das Seis Nacións, en 2010, 2011 e 2012 non foron quen de acadar a vitoria. Na Copa do Mundo de Rugby 2011 quedaron eliminados na rolda de cuartos de final ó seren eliminados pola selección galesa.