Jon Magunazelaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magunazelaia
Información persoal
Nome Jon Magunazelaia Argoitia
Nacemento 13 de xullo de 2001
Lugar de nacemento Eibar
Altura 1,72 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Real Sociedad B
Número 7
Carreira xuvenil
Eibar
2016–2020 Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2022 Real Sociedad C 32 (6)
2021– Real Sociedad B 66 (11)
2022– Real Sociedad 3 (0)
Na rede
UEFA: 250163316 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Jon Magunazelaia Argoitia, nado en Éibar o 13 de xullo de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo na Real Sociedade B, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Eibar e da Real Sociedade, incorporándose a este último club no 2016.[1][2] Na tempada 2020/21 debutou coa Real Sociedad C, nun partido ante o Gernika,[3] e un mes e medio despois marcou os seus primeiros goles completando un triplete ante o Somorrostro.[4] Esa mesma campaña o equipo logrou o ascenso á Segunda División RFEF.

O 18 de setembro de 2021 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División, nun empate 1-1 ante o Zaragoza.[5] Xogou 26 encontros co primeiro filial do club durante a campaña, anotando 2 goles, pero o equipo acabou descendendo.

O 27 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Europa League, substituíndo ao seu compañeiro Jon Karrikaburu na na segunda metade da vitoria por 0-2 sobre o AC Omonia. O seu debut na Primeira división produciuse tres días despois, cando substituíu a Carlos Fernández ante o Real Betis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín, Javi (21 de abril de 2016). "Athletic y Real Sociedad interesados en la nueva perla de la cantera de la SD Eibar" (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  2. Parcero, Bruno (20 de setembro de 2021). "Magunazelaia, como Oyarzabal". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  3. "Derrota en inferioridad" (en castelán). 18 de outubro de 2020. Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  4. "Otra más" (en castelán). 8 de decembro de 2020. Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  5. Ortiz, Christian (18 de setembro de 2021). "El asedio del Zaragoza solo vale un punto ante un buen Sanse". Marca (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024.