John Wyndham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Wyndham
John B Harris WS 3105.jpg
Nome completoJohn Wyndham Parkes Lucas Beynon Harris
AlcumeJohn Wyndham, John Beynon e Lucas Parkes
Nacemento10 de xullo de 1903
Lugar de nacementoBirmingham
Falecemento11 de marzo de 1969
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Alma máterBedales School, Blundell's School e Shardlow Hall
Ocupaciónescritor de ciencia ficción, novelista, escritor, guionista e sen etiquetar
Na rede
IMDB: nm0943909 Musicbrainz: f82c39d3-a5d2-44ba-ba60-278ac5c86510 Discogs: 934687 WikiTree: Harris-31028 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John Wyndham Parkes Lucas Beynon Harris, nado o 10 de xullo de 1903 en Knowle e finado en 1969, foi un escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun avogado, intentou varias profesións (desde agricultor ata tratante de arte ou publicista) ata que comezou a escribir a finais dos 30, onde os seus relatos curtos detectivescos ou de ficción científica alcanzaron un éxito limitado. Enrolouse no exército da súa Maxestade durante a segunda guerra mundial, e participou no desembarco en Normandía. Este feito marcaríalle tan profundamente que supuxo que logo da guerra decantásese polas historias catastróficas e apocalípticas, principalmente de invasións extraterrestres. Por exemplo, o seu maior éxito, 'The Day of the Triffids', que está escrito xusto tras terminar a guerra, é fundamentalmente unha historia de invasión de Gran Bretaña por parte de "estranxeiros" (neste caso, os Trífidos).

Wyndham non gustaba de publicitarse, e é pouco o que se coñece da súa vida.

Estilo[editar | editar a fonte]

A obra de Wyndham mestura ficción científica con horror. Por exemplo, Os coitelos de Midwich na súa versión cinematográfica deu orixe a O pobo dos malditos, unha historia onde a invasión de extraterrestres faise mediante o nacemento -simultáneo- duns estraños pícaros de tódalas mulleres fértiles do pobo de Midwich. Nenos todos louros, de ollos azuis, moi intelixentes e, como se descobre posteriormente, con poderes telepáticos. A propia O día dos trífidos é a historia da loita contra unhas perigosas plantas carnívoras andantes por parte dunha humanidade cegada por unhas estrañas luces no ceo e en O kraken axexa, a invasión extraterrestre provén do fondo do mar. O máis terrible destas historias é que a humanidade non se enfronta con terribles monstros, senón con situacións aparentemente "normais": a Wyndham encántalle describir os pobos da campiña inglesa, eses mesmos pobos que serán invadidos por horrorosos aliens.

A evolución é un tema sempre presente nas súas obras. A maioría dos aliens invasores podemos interpretalos como especies mellor adaptadas que o home que se fan co control da contorna que os rodea. Neste sentido, 'The Chrysalids' é a súa obra máis paradigmática. Nela describe o fundamentalismo xenético xurdido nunha sociedade posnuclear, que obriga a sacrificar a calquera afectado por unha malformación.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • The Day of the Triffids (1951)
  • The Kraken Wakes (1953)
  • The Chrysalids (1955)
  • The Midwich Cuckoos (1957)
  • Trouble with Lichen (1960)

Antoloxías de relatos[editar | editar a fonte]

  • The Seeds of Time (1956)