John Trudell
John Trudell | |
---|---|
![]() John Trudell en 1997. | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1946 (76 anos) |
Lugar | Omaha (Nebrasca) ![]() |
Falecemento | 8 de decembro de 2015 |
Lugar | Santa Clara, California |
Causa | cancro |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | San Bernardino Valley College |
Cónxuxe(s) | Marcheline Bertrand (? – 2007) |
Profesión | Actor, músico, poeta, activista |
Na rede | |
http://www.johntrudell.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Trudell, nado o 15 de febreiro de 1946 en Omaha (Nebrasca) e finado en Santa Clara (California) o 8 de decembro de 2015, foi un actor, poeta e activista nativo americano. Durante os anos 1970, foi o presidente do American Indian Movement, con base en Minneapolis, Minnesota. Logo da tráxica morte da súa familia, Trudell comezou a escribir e actuar. Actuou en tres filmes nos anos 1990. O documental Trudell (2005) trata da súa vida como activista e artista.
Infancia[editar | editar a fonte]
Trudell naceu en Omaha, Nebrasca sendo fillo de pai Santee Sioux e de nai mexicana. Medrou nunha pequena vila da Reserva Santee Sioux no norte de Nebrasca. Foi educado en colexios locais e tamén na cultura Santee Sioux.
Servizo militar[editar | editar a fonte]
En 1963, con 17 anos de idade, Trudell abandonou o instituto para unirse ó Armada dos Estados Unidos de América. Serviu durante os primeiros anos da Guerra de Vietnam e estivo no exército ata 1967.
Despois diso, estivo dous anos ensinando radio e locución nun colexio de San Bernardino (California). Decidiu traballar no activismo político.
Matrimonio e familia[editar | editar a fonte]
En 1968, Trudell casou coa súa primeira muller, Fenicia "Lou" Ordonez. En 1972, Trudell casou con Tina Manning, unha activista da tribo shoshone. Tiveron tres fillos xuntos: Ricarda Star, Sunshine Karma e Eli Changing Sun. En febreiro de 1979, Tina (que estaba embarazada), os nenos e a súa nai Leah Hicks-Manning morreron nun incendio na casa dos seus pais na Reserva Duck Valley. O seu pai Arthur sobreviviu. Trudell estaba fóra da vila ese día.
Discografía[editar | editar a fonte]
John Trudell apareceu nos seguintes álbums:[1]
- 1983 Tribal Voice
- 1986 Original A.K.A. Graffiti Man
- 1987 ...But This Isn't El Salvador
- 1987 Heart Jump Bouquet
- 1991 Fables and Other Realities
- 1992 Child's Voice: Children of the Earth
- 1992 A.K.A. Graffiti Man
- 1994 Johnny Damas & Me
- 1999 Blue Indians
- 2001 Descendant Now Ancestor
- 2001 Bone Days (producido pola actriz Angelina Jolie)
- 2007 Madness & The Moremes (dobre álbum)
- 2010 Crazier Than Hell
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Trudell ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- John Trudell na IMDb (en inglés).