John Newton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1725 (Xuliano) Londres, Reino Unido |
Morte | 21 de decembro de 1807 (82 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Tomb of John and Mary Newton (en) |
Relixión | Anglicanismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Protestantismo |
Ocupación | clérigo, comerciante de escravos, abolicionista, mariño, escritor de himnos, escritor |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica The Nuttall Encyclopædia >>>:Newton, John |
|
John Newton, nado en Wapping, Londres, o 4 de agosto de 1725 e finado o 21 de decembro de 1807 foi un escravista e despois un abolicionista e autor inglés de himnos coñecido sobre todo pola canción cristiá en lingua inglesa "Amazing Grace" (Sublime Graza).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos: escravismo e conversión
[editar | editar a fonte]Newton foi, na súa mocidade, un comerciante de escravos destacado pola súa extrema crueldade. Posteriormente, converteuse ao cristianismo, tornándose protestante (crego anglicano) e compositor de himnos, sendo "Amazing Grace" o máis célebre, cantado por metodistas, baptistas e máis tarde adoptado polos católicos. A súa vida marítima comezou aos 11 anos e, en 1743, tentou desertar da gardamariña sendo castigado fisicamente de xeito moi severo. Durante os seus anos de escravista, foi notorio pola brutalidade con que tratou aos escravos. En 1748, durante unha forte tormenta preto de Donegal, Irlanda, tivo unha epifanía espiritual, o barco evitou in extremis o naufraxio. Desde ese momento evitou a blasfemia, os xogos de azar e a bebida, e aumentou a súa compaixón polos escravos. A súa verdadeira conversión, segundo el, aconteceu despois de ser nomeado en Liverpool primeiro oficial do barco negreiro Brownlow, espiritual manifestouse máis tarde, durante un período en África onde enfermou e dixo sentir unha paz plena con Deus por primeira vez.
Abolicionismo
[editar | editar a fonte]A pesar da súa transformación, só en 1788, décadas despois de abandonar a trata de escravos, denunciou publicamente a industria escravista co folleto "Pensamentos sobre a trata de escravos", no que expresou o seu arrepentimento e horror polo que fixera, buscando a redención e concienciar ao parlamento e á sociedade da atrocidade do comercio de escravos.[2]
A pesar do seu pasado como comerciante de escravos, foi un destacado abolicionista que loitou para erradicar o comercio de escravos de Inglaterra e fundou unha importante sociedade abolicionista, á que os seus inimigos chamaron despectivamente a seita de Clapham.
Newton converteuse nun aliado de William Wilberforce, líder da campaña parlamentaria para suprimir o comercio de escravos africanos. Newton viviu para ver o momento do triunfo cando, en 1807, Inglaterra promulgou a "Lei de Comercio de Escravos".
Pasamento
[editar | editar a fonte]Newton morreu o 21 de decembro de 1807 en Londres. Foi enterrado xunto á súa muller en St. Mary Woolnoth, Londres. Ambos foron trasladados á Igrexa de San Pedro e Paulo en Olney en 1893.[3]
"Amazing Graze"
[editar | editar a fonte]Durante anos pensouse que a melodía de "Amazing Grace" aparecía por primeira vez escrita no cancioneiro Virginia Harmony de 1831. Porén, máis tarde descubriuse que xa estaba no Columbian Harmony , publicado en 1790. A versión da melodía que máis se coñece coas letras desta canción denomínase 'New Britain'.
No filme de 2006 Amazing Grace John Newton foi representado polo actor Albert Finney.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J.John (2021-02-13). "John Newton – the slave trader who found amazing grace". New Life Publishing (en inglés). Consultado o 2023-09-21.
- ↑ Hochschild 2005.
- ↑ "Imaxe da tumba de John Newton". findagrave.com. 4 outubro 2008.
- ↑ Apted, Michael (2007-02-23). "Amazing Grace". Consultado o 2023-09-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hochschild, Adam (2005), Bury the Chains, The British Struggle to Abolish Slavery, Basingstoke: Pan Macmillan
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: John Newton |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Newton |
- Citas famosas de John Newton Arquivado 14 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Amazing Grace: A canción, o autor e a súa conexión co condado de Donegal en Irlanda
- Amazing Grace: The True Story musical de Broadway
- Documental de Grace
- Amazing Grace: Algunhas melodías temperás
- The Cowper and Newton Museum, Olney Arquivado
- Amazing Grace: información sobre John Newton
- Proxecto Olney-Newton, Serra Leoa