Castigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O castigo é unha sanción ou pena por causa de molestias ou padecementos, causa pola que se procede á execución da acción, a unha comunidade ou individuo e que pode ser física ou verbal, directa ou indirecta, contra o executor de dita falta ou delito.

Orixe[editar | editar a fonte]

A palabra castigo procede da palabra latina "castigare" ("castus"=virtuoso e "agere"=facer), que vén a significar a transformación de algo incorrecto en pureza e virtuosidade, mediante accións correctivas. A finalidade é o restablecemento da xustiza nunha situación de inequidade para intentar que cadaquén recobre o que lle é lícito. Nunha situación de roubo, o castigo persegue que o ladrón reciba o merecido, pagando o prezo do seu delito e, se é posíbel, o que roubou, como compensación do feito. Tamén pode ser que vaia ao cárcere para a súa reivindicación e por seguridade social.

Sentido técnico[editar | editar a fonte]

Refírese, falando de maneira técnica, unicamente á operación empírica (presentación ou retiro de eventos) que diminúe o ritmo de aparición dunha resposta, a cal non sempre implica unha dor física. Kadzin expón que as situacións de dor, como por exemplo as tundas, poden non facer o efecto que tiñan como obxectivo de castigo, por suposto, chegando a incrementar a cantidade de aparición das respostas a castigar, sucedendo tamén a aparición doutras respostas disruptivas. Concluíndo que o castigo se trata dun procedemento cuxo obxectivo é o modificar de condutas.

O castigo físico, dende hai tempo, non é o método adecuado para modificar condutas en rapaces, dende a perspectiva cognitivo-condutual. Kadzin comparte o mesmo criterio; considérao, por unha parte, un irrespeto total aos dereitos humanos e aos nenos sobre todo e, ademais, demostrou o seu nulo efecto para corrixir condutas disruptivas nos nenos.

Ámbitos[editar | editar a fonte]

Ademais de aplicarse castigos no ámbito do Poder Xudicial, substituíndo a vinganza privada para a solución de conflitos, no seno familiar, nos colexios, nos traballos ou nas igrexas tamén se aplica con fins correctivos.

Graos[editar | editar a fonte]

Os diferentes graos do castigo poden ser dunha simple reprimenda a unha corrección física, no ámbito familiar ou doméstico, no que concirne aos pais cos fillos menores de idade.

Relixión[editar | editar a fonte]

As oracións e a excomunión son os castigos aplicábeis no ámbito relixioso.

Os castigos divinos, ou causados pola divindade, comunmente crido así na Idade Media, son os que castigan aos humanos por causa dos seus pecados e por medio de catástrofes naturais: inundacións ou terremotos, ou mesmo con enfermidades.

Condutismo[editar | editar a fonte]

Como condicionamento para evitar condutas incorrectas realízanse castigos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]