John Cooper Clarke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Cooper Clarke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Salford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , cantante , escritor , músico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPunk rock e performance (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webjohncooperclarke.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0164824 Musicbrainz: 7df6e6eb-8e3a-4402-a243-b5b01f0d9bec Songkick: 131168 Discogs: 202048 Allmusic: mn0000216212 Editar o valor em Wikidata
John Cooper Clarke, Cardiff, 1979.

John Cooper Clarke, nado en Salford o 25 de xaneiro de 1949, é un performance poet inglés. Adoita ser descrito como un poeta punk, comezando a ser recoñecido a finais dos anos 70 durante o albor do movemento punk. As súas gravacións foron musicadas principalmente por The Invisible Girls, onde estaban Martin Hannett, Pete Shelley, Bill Nelson, Paul Burgess e Steve Hopkins. Ten Years In An Open-Necked Shirt é a súa obra máis popular e de maior éxito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clarke comezou a súa carreira recitando antes de concertos de artistas como os Sex Pistols, The Fall, Joy Division, Buzzcocks, Elvis Costello, New Order (na actuación en maio de 1984 no festival benéfico Music for Miners no Royal Festival Hall de Londres), Be-Bop Deluxe (xira do Reino Unido de 1977) ou Rockpile (xira estadounidense de 1979). As súas actuacións estaban, e en ocasións aínda o seguen a estar, caracterizadas polo recitado rápido, libre e a capella dos seus poemas. Acotío é chamado "the bard of Salford"[1] ("o bardo de Salford"), e el acostuma a referirse a si mesmo no escenario como "Johnny Clarke, the name behind the hairstyle" ("Johnny Clarke, o nome tralo peinado").

Éxito[editar | editar a fonte]

A finais dos 70 e comezos dos 80 Clarke acadou certo éxito no Reino Unido co sinxelo "Gimmix! Play Loud"[1], e co subsecuente álbum Snap, Crackle & Bop. En 1979 íase afiliar ao sindicato de actores Equity, pero como xa había un membro co nome de John Cooper Clarke, apuntouse co pseudónimo de Lenny Siberia.[2].

Logo de editar unhas cantas gravacións a comezos dos 80, Clarke actuou cada vez con menos frecuencia, combatendo a súa adicción á heroína[3] En 1988 fixo dous anuncios dos cereais Sugar Puffs, aparecendo como o "Honey Monster". Máis recentemente Clarke mudou as súas actuacións, poñendo maior énfase na performance poetry e orientándoas cara á comedia en vivo, pero mantendo a poesía como parte clave. Foi abreconcertos de Joe Strummer & The Mescaleros, e adoita acompañar a The Fall nas xiras británicas, presentándoos ou sendo o seu abreconcertos. Fixo un dueto con Reverend Jon McClure co poema "Last Resort" no concerto Reverend and the Makers no Spread Eagle de Londres, presentado posteriormente como cara B do sinxelo "Heavyweight Champion of the World". Clarke tamén gravou co grupo a canción "Dead Man's Shoes".

O poema "Evidently Chickentown", do disco Snap, Crackle & Bop, aparece na escena final do capítulo "Stage 5" da serie The Sopranos. Así mesmo, na película Control (2007) o propio Clarke aparece recitando o poema nunha recreación dun concerto de 1977 no que foi abreconcertos de Joy Division.

Unha versión deste poema aparece ao comezo e final do videoclip da canción "Transmission", de Joy Division, aparecendo o autor lendo o título e o terceiro verso mentres descende as escaleiras que conducen ao Arndale Centre de Manchester.

John Cooper Clarke no Rhythm Festival de Bedford, 2006.

Clarke aparece no documental musical de 1982 Urgh! A Music War recitando o poema "Health Fanatic".[4], así como na película Ten Years in an Open Necked Shirt (tamén de 1982)[5].

O seu poema "Out of Control Fairground" foi incluído no libreto do sinxelo "Fluorescent Adolescent" (2007), de Arctic Monkeys, servindo ao mesmo tempo de inspiración para o vídeo. Outro poema foi incluído na edición de 10" do sinxelo.

Clarke mantivo unha relación coa cantante Nico nos 80.[6].

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bell, Nigel. "The Very Best of John Cooper Clarke Arquivado 26 de marzo de 2005 en Wayback Machine.". BBC.co.uk, Agosto 2002.
  2. "Meet Lenny Siberia!", Smash Hits, EMAP National Publications Ltd., 15-28 de novembro de 1979, p.9
  3. "A bit of lip", artigo en The Age, 28 de xaneiro de 2007.
  4. "Urgh! A Music War, Ficha en IMdB.
  5. Ten Years in an Open Necked Shirt, vídeo en Youtube.
  6. ""John Cooper Clarke". Artigo en www,comedycv.co.uk
  7. "Dispoñíbel". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ten Years In an Open-Necked Shirt (1981)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]