Joel Cracraft
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1943 (81 anos) |
Educación | Universidade Columbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía, Ornitoloxía, phylogenesis (en) , Paleobiogeografia (pt) , evolución e Paseriformes |
Ocupación | paleontólogo, profesor universitario, ornitólogo, conservador |
Empregador | Museo Americano de Historia Natural |
Joel L. Cracraft, nado en 1943, é un ornitólogo e paleontólogo estadounidense, actualmente curador de ornitoloxía do Museo Americano de Historia Natural (American Museum of Natural History, AMNH).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cracraft estudou na Universidade de Oklahoma (B.S. en 1964), na Universidade do Estado de Luisiana (M.S. en 1966), e recibiu o seu doutoramento (Ph.D) en 1969 na Universidade de Columbia,[1] cunha tese sobre a morfoloxía funcional da locomoción nas aves.
Ademais do seu traballo ensinou no AMNH e tamén na Universidade de Columbia.
É especialista na sistemática das aves. Analizou as relacións das aves do paraíso de Nova Guinea e illas próximas, e as causas da súa diversificación, así como os córvidos e outros paxaros cantores, entre outros, mediante análises do ADN. Outro foco da súa investigación é a conservación das especies.
Nas décadas de 1970 e 1980 emprendeu unha serie de tentativas (polémicas) sobre a sistemática cladística das aves.[2]
Tamén estudou paleo-bioxeografía, os patróns das árbores filoxenéticas, o concepto de especie, a especiación e outras cuestións da teoría da evolución, nas que traballou con Niles Eldredge.
É membro da Asociación Americana para o Progreso da Ciencia e da Unión Americana de Ornitólogos. Foi presidente da Sociedade de Biólogos Sistemáticos.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- 1973 - "Continental drift, paleoclimatology, and the evolution and biogeography of birds", Journal of Zoology 169: 455-543.
- 1974 - "Phylogenetic models and classification", Systematic Biology 23: 71-90.
- 1974 - "Phylogeny and evolution of the ratite birds", Ibis 116: 494-521.
- 1981 - "Toward a phylogenetic classification of the recent birds of the world (Class Aves)", The Auk: 681-714.
- 1983 - "Species concepts and speciation analysis", Current Ornithology, 1: 159-187.
- 1985 - (con Niles Eldredge) Phylogenetic patterns and the evolutionary process. Method and theory in comparative biology. Columbia University Press.
- 1985 - "Historical biogeography and patterns of differentiation within the South American avifauna: areas of endemism", Ornithological Monographs. American Ornithologists Union, pp. 49–81.
- 1988 - "Deep-history biogeography: retrieving the historical pattern of evolving continental biotas", Systematic Biology 37: 221-236.
- 1988 - "The major clades of birds", wn The phylogeny and classification of the tetrapods 1: 339-361.
- 1999 - Edición con F. Grifo The Living Planet in Crisis: Biodiversity Science and Policy. Columbia University Press
- 2004 - (con F. Keith Barker, Michael Braun, John Harshman, Gareth J. Dyke, Julie Feinstein, Scott Stanley, Alice Cibois, Peter Schikler, Pamela Beresford, Jaime García-Moreno, Michael D. Sorenson, Tamaki Yuri, David P. Mindell) "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life PDF. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
- 2004 - (con F. Keith Barker, Alice Cibois, Peter Schikler, Julie Feinstein) "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation", Proc. National Academy of Sciences USA, 101: 11040–11045.
- 2004 - Edición con M. J. Donoghue: Assembling the Tree of Life. Oxford University Press.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Cracraft emprégase para recoñecer a Joel Cracraft como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Currículo de Joel L. Cracraft na web do AMNH.
- ↑ J. L. Cracraft, F. K. Barker, M. Braun, J. Harshman, G. J. Dyke, J. Feinstein, S. Stanley, A. Cibois, P. Schikler, P. Beresford, J. García-Moreno, M. D. Sorenson, T. Yuri & D.P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Joel Cracraft |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Currículo de Joel L. Cracraft na web do AMNH (en inglés).