Joel Barlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Joel Barlow
Joel Barlow - Project Gutenberg eText 13220.png
Retrato de Joel Barlow
Nacemento 24 de marzo de 1754
  Redding
Falecemento 26 de decembro de 1812
  Żarnowiec
Causa Pneumonía
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educado en Faculdade de Dartmouth e Universidade Yale
Ocupación poeta, diplomático e escritor
editar datos en Wikidata ]

Joel Barlow, nado en Redding (Connecticut) o 24 de marzo de 1754 e finado en Zarnowiec o 24 de decembro de 1812, foi un poeta e político americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Yale en 1778 e durante dous anos realizou estudos de posgrao, ata que en setembro de 1780 uniuse a unha brigada de Massachusetts. En 1783 establécese en Hartford e alí fundou en xullo de 1784 o semanario American Mercury.

En Hartford foi membro dun grupo de escritores novos coñecidos como Hartford Wits na historia da literatura americana, entre eles estaban Lemuel Hopkins, David Humphreys e John Trumbull. En 1787 publicou un longo e ambicioso poema, The Vision of Columbus, que lle deu unha considerable reputación literaria.

En 1788 trasladouse a Francia como axente da compañía Scioto Land Company, dedicada a vender terras e atraer emigrantes para os Estados Unidos, non está claro se Barlow coñecía o carácter fraudulento da compañía, pero en París asume posicións políticas radicais. Viviu tamén en Londres, onde publicou o ensaio Advice to the Privileged Orders (1792) prohibido polo goberno británico.

En 1792 concedeuselle a cidadanía francesa. En 1793 publicou Hasty Pudding. Entre 1795 e 1797 foi cónsul americano en Alxer e negociou un tratado con Trípoli. En 1805 volveu aos Estados Unidos ata que en 1811 regresa a Francia como plenipotenciario norteamericano co encargo de negociar un tratado comercial con Francia e a devolución ou a indemnización polas propiedades confiscadas aos americanos despois da Revolución francesa. Morreu durante a retirada das tropas francesas, mentres tentaba entrevistarse con Napoleon.