Joaquina Dorado
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Joaquina Dorado | |
---|---|
Nome completo | Joaquina Dorado Pita |
Nacemento | 25 de xuño de 1917 |
A Coruña | |
Falecemento | 14 de marzo de 2017 |
Barcelona | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | activista e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joaquina Dorado Pita, nada na Coruña o 25 de xuño de 1917 e finada en Barcelona o 14 de marzo de 2017,[1] foi unha anarquista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de mariñeiros, pasou a súa adolescencia na Coruña até que en 1934 marchou coa familia a Barcelona. Con 17 anos afiliouse ao Sindicato da Madeira e Decoración da CNT. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da legalidade republicana, formando parte do Comité de Defensa de Barcelona. Coa derrota da República fuxiu ao exilio en 1939. En 1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anos presa, volveu exiliarse en París, onde se xubilou. Pasou os seus últimos anos en Barcelona.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Foise, con 99 anos, a loitadora Joaquina Dorado", artigo en Praza Pública, 16 de marzo de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 138. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Pérez Leira, Lois (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Joaquina Dorado Pita en Memoria Prisión de mujeres de les Corts
- Joaquina Dorado na páxina web Nomes e Voces.