Joaquim Amat-Piniella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquim Amat-Piniella
250 Joaquim Amat-Piniella, de Ramon Oms, Casino de Manresa, pg. Pere III 27.jpg
Nacemento22 de novembro de 1913
 Manresa
Falecemento3 de agosto de 1974
 L'Hospitalet de Llobregat
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, ensaísta e político
PremiosPremio Fastenrath
editar datos en Wikidata ]

Joaquim Amat-Piniella, nado en Manresa o 22 de novembro de 1913 e finado en L'Hospitalet de Llobregat o 3 de agosto de 1974, foi un escritor catalán sobrevivente do campo de concentración de Mauthausen na segunda guerra mundial.

Joaquim Amat-Piniella participou en diversas actividades culturais e políticas durante os anos 30, e foi dirixente de Esquerra Republicana de Catalunya. Loitou na fronte de Andalucía durante a guerra civil española. Acabada a guerra, fuxiu a Francia, onde foi internado no Campo de concentración de Argelès-sur-Mer e no de Sant Cebrià, e despois foi mobilizado como traballador forzoso.

Como moitos republicanos españois, en 1940 foi deportado polos alemáns aó Campo de exterminio de Mauthausen, onde pasou cinco anos, ata que foi liberado polas tropas estadounidenses e puido retornar a Cataluña en 1946. Relatou a súa experiencia e as atrocidades do nazismo en forma novelada no libro K.L. Reich (Konzentrationslager Reich), que non conseguiu publicar até 1962. En 1962, xunto con outros compañeiros exdeportados, fundou o Amical de Mauthausen.