Saltar ao contido

Joaquín Sarmiento Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Sarmiento Garra
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Ponteareas Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ponteareas
1960 – 1965
← Daniel Ojea Sarmiento – Juan Antonio Candeira Blanco →
Alcalde de Santiago de Compostela
3 de xuño de 1946 – 1949
← Jorge de la Riva Barba – Enrique Otero Aenlle → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Joaquín Sarmiento Garra, nado en Ourense o 1 de marzo 1912 e finado en Ponteareas o 30 de abril 2002, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Sarmiento Rivera e Angelina E. Garra Castellanzuelo, sobriño de Amado Garra Castellanzuelo. Colaborou en Heraldo de Zamora.[1][2] Falanxista dende 1934, foi fundador de Falange Española en Ponteareas. Foi xefe das milicias de Falange en Ourense antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Voluntario falanxista na guerra civil alcanzou o grao de tenente. Foi xefe provincial de Prensa e Propaganda de FET y de las JONS en Ourense.[3] En 1945 foi nomeado inspector provincial de FET y de las JONS para a Zona de Santiago de Compostela.[4] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1946, permanecendo no posto ata 1949. En xullo de 1954 sufriu un accidente de motocicleta ao chocar contra un automóbil (no que viaxaba o xornalista José Rey-Alvite Feás), resultando con feridas de consideración.[5] Foi nomeado alcalde de Ponteareas en outubro de 1960,[6][7] permanecendo no cargo ata 1965. Colaborou en El Correo Gallego e El Pueblo Gallego. Finou en 2002.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con María del Carmen Sieiro Nieto en 1940,[9] Parella de Concepción Míguez Míguez 1954-2002, e foi pai de Joaquín Sarmiento Sieiro, María del Pilar Sarmiento Sieiro e Joaquín Sarmiento Míguez

  1. ↑ Heraldo de Zamora, 12-12-1929, p. 2.
  2. ↑ Heraldo de Zamora, 1-7-1930, p. 2.
  3. ↑ Biografía en La Noche, 3-6-1946, p. 1
  4. ↑ La Voz de Galicia, 2-3-1945.
  5. ↑ ABC, 10-7-1954, p. 37.
  6. ↑ La Noche, 25-10-1960, p. 1.
  7. ↑ El Pueblo Gallego, 25-10-1960, p. 7.
  8. ↑ Atlántico Diario, 3-5-2002, p. 10.
  9. ↑ El Compostelano, 2-4-1940, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Jorge de la Riva Barba
 
Alcalde de Santiago
 
1946 - 1949
Sucesor:
Enrique Otero Aenlle
Predecesor:
Daniel Ojea Sarmiento
 
Alcalde de Ponteareas
 
1960 - 1965
Sucesor:
Juan Antonio Candeira Blanco