Jorge de la Riva Barba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge de la Riva Barba
Nacemento1892
Lugar de nacementoVigo
Falecemento5 de xuño de 1950
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jorge de la Riva Barba, nado en Vigo en 1892 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu dende a infancia en Santiago de Compostela. Foi apoderado do almacén Riva Hermanos, e en 1938 era director da Caixa de Aforros de Santiago.[2].

O 4 de decembro de 1943 o Subsecretario do Ministerio de Gobernación comunicou o cesamento de José del Valle Vázquez como alcalde de Santiago de Compostela por ser nomeado gobernador civil da provincia de Cuenca e o nomeamento como novo alcalde de Jorge de la Riva Barba. Foi alcalde entre 1943 e 1946[3] e deputado provincial. Foi procurador en Cortes na I Lexislatura das Cortes Españolas (1944-1946) en representación dos concellos da provincia da Coruña. Foi membro do Consello da Editorial Correo Gallego e La Noche e presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1950.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo de Amalia Barba. Casou o 16 de xullo de 1920 con Carmen Valdés y Fernández Cao-Cordido[5]


Predecesor:
José del Valle Vázquez
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1943 - 1946
Sucesor:
Joaquín Sarmiento Garra


Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 6-6-1950, p. 5.
  2. "La Federación de Cajas de Ahorro de Galicia, ha celebrado su XVI Asamblea general". El Ideal Gallego. 26 de xuño de 1938. 
  3. Ermelindo Portela Silva, Historia de la ciudad de Santiago de Compostela.
  4. El Correo Gallego, 6-6-1950, p. 3.
  5. "Una boda". El Compostelano. 16 de xullo de 1920.