Enrique Otero Aenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Otero Aenlle
Nacemento20 de outubro de 1913
Lugar de nacementoRibadeo
Falecemento31 de marzo de 1992
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático, político, químico, farmacéutico e catedrático de universidade
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco e Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas
editar datos en Wikidata ]

Enrique Otero Aenlle, nado en Ribadeo o 20 de outubro de 1913 e finado en Madrid o 31 de marzo de 1992, foi un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1934) e en Ciencias Químicas en Santiago e Madrid (1940). En 1941 doutorouse en Farmacia e en 1946 obtivo a praza de catedrático de Técnica Física e Fisicoquímica da Facultade de Farmacia da USC, para pasar despois ás universidades de Barcelona e Madrid, onde foi director do Departamento de Fisicoquímica e Técnicas Instrumentais da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense (1969-1983). Investigador do Padroado Juan de la Cierva do CSIC. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela en 1949. Foi gobernador civil de Lugo (1957-1961) e Salamanca (1961-1968), e deputado provincial da Coruña (1964-1968).


Predecesor:
Joaquín Sarmiento Garra
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1949 - 1957
Sucesor:
Ángel Porto Anido


Obras[editar | editar a fonte]

  • Estudios oceanográficos de la ría de Vigo, 1941.
  • Estudios acerca de algunos aceites de animales marinos, 1943.
  • Análisis de grasas, ceras y sus mezclas comerciales, 1945.
  • Introducción al estudio de la físico-química, 1950, Porto y Cía. Editores.
  • Sanidad y desarrollo, 1963.
  • Orden y estabilidad en los sistemas biológicos, 1973.
  • Perspectivas biofísicas en medicina, ecología y sociología, 1976.
  • Momentos estelares del pensamiento científico, 1978.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]